Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2019

O Concello abre esta semana o prazo de solicitude para participar nunha nova edición do Programa de Lecer do Fórum e Ágora, que ofrecerá 111 obradoiros

A inscrición de continuidade para as actividades de primavera ábrese esta mañá, mentres que a preinscrición para novas prazas poderase realizar os días 24 e 25 de xaneiro

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento informa de que esta semana abre o prazo de inscrición para participar na edición de primavera do Programa de Lecer do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora, que iniciará a súa actividade o luns 4 de febreiro. Nesta ocasión, o Concello ofertará un total de 111 cursos e talleres de temática variada, que abranguen aspectos como artes plásticas, música, historia, psicomotricidade, creatividade manual, astronomía, literatura, arquitectura, mindfulness, teatro, monólogos, fotografía ou cociñas do mundo, ademais de monográficos e actividades específicas para maiores de 65 anos e menores de 12.

Como principal novidade, a Concellería de Culturas tamén ofrecerá, en colaboración da Academia Galega do Audiovisual --cuxa sede está situada no propio Ágora, na que tamén se atopa a Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO) impulsada polo goberno local--, o curso Cineclube, vinculado á programación e ao cinema galego, no que participarán as autoras e os autores dos traballos e que se dirixe a dúas franxas de idade, como son a mocidade e as persoas maiores de 55 anos.

A veciñanza que desexe participar nalgún dos obradoiros do Programa de Lecer poderá solicitar a súa praza entre os días 21 e 23 no caso das inscricións de continuidade, e os días 24 e 25 para novas peticións. A preinscrición poderase facer a través do web www.coruna.gal/cultura, ou de xeito presencial no centro no que se desexe realizar o curso --Fórum ou Ágora--, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. O sorteo público terá lugar o día 28 de xaneiro e as listas dos obradoiros adxudicados publicaranse o martes 29, a partires das 9.00 horas, tanto nos centros coma na web da Concellería de Culturas e no servizo de atención telefónica á cidadanía 010. As inscricións realizaranse os días 29 e 30 nas conserxerías do Fórum e Ágora e todos aqueles talleres que non enchan as súas prazas poñerán á disposición da veciñanza as vacantes a partires do día 31 de xaneiro. A cota é de 30 euros por obradoiro, agás para as persoas maiores de 65 anos, que aboarán 21 euros.

Documentos:

Programa de Lecer Fórum Metropolitano (244 KB)

Programa de Lecer Centro Ágora (216 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión