Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2018

O Concello abre mañá o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música para o curso que vén, no que se aplicará a redución do 12,7% nas tarifas

A veciñanza da Coruña e da área metropolitana poderá remitir a súa solicitude até o vindeiro 21 de maio.

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abrirá desde mañá, xoves 10, e até o 21 de maio, o prazo de preinscrición para solicitar praza, de cara ao curso 2018-2019, na Escola Municipal de Música da Coruña. Tras finalizar o pasado mes de abril o período de matrícula do alumnado interno, desde esta mañá todas aquelas persoas que queiran formarse musicalmente poderán solicitar a súa inscrición no centro. Este ano, e tras a aprobación por parte do Pleno coruñés da Ordenanza Fiscal nº16 que regula as taxas de prestación de servizos nos museos e outras instalacións culturais, reduciranse nun 12,7% as tarifas da Escola Municipal, o que eliminará a distinción das taxas en función do lugar de residencia do alumnado e facilitará o acceso ao equipamento á veciñanza da área metropolitana. Será o Concello da Coruña quen asuma o custo da actualización anual das taxas.

Entre as ensinanzas propostas, atópase a área Música e movemento, dirixida a nenas e nenos de de 4 a 7 anos, na que a voz será o instrumento principal do alumnado. Nestas idades fomentarase a improvisación e o desenvolvemento auditivo coa práctica instrumental en xilófonos e metalófonos cromáticos. Impartiranse dous días á semana, en horario de tarde, e ofrécese a posibilidade de participar, de xeito gratuíto, no coro infantil do centro, que ensaia os venres de 17.30 a 18.30 horas.

A área Xeral é a que se dirixe a todas aquelas persoas maiores de 8 anos, e abrangue as modalidades clásica, tradicional, jazz e moderna. Ofreceranse tres materias, como son linguaxe musical --que terá unha duración de catro anos--, instrumento e agrupación. Unha vez finalice estas materias, o alumnado tamén poderá cursar ensinanzas como harmonía, dirección, arranxo ou composición. As persoas matriculadas nesta Área Xeral poderán participar, de xeito gratuíto, no coro adulto, así como utilizar as aulas do centro como aulas de estudo en horario de mañá.

Despois de finalizar o prazo de preinscrición, a lista de persoas admitidas publicarase o 28 de maio. Nesta mesma data tamén comezará o período de matrícula, que se estenderá até o 8 de xuño. Para máis información sobre horarios e documentación necesaria para solicitar praza, pódese consultar o web www.coruna.gal/EMM ou visitar a propia Escola, situada na rúa Torre, 67, en horario de atención ao público, de 09.00 a 14.00 horas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión