Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2018

O Concello apoia por terceiro ano consecutivo a iniciativa 'De Estudios Abertos', xornada na que a cidadanía poderá coñecer 50 espazos de traballo de artistas locais "e que pon de manifesto a efervescencia cultural da cidade"

O edil José Manuel Sande presentou esta mañá a nova edición da proposta, que se celebrará este sábado, día 7, e contará coa participación de 92 creadoras e creadores de diversas disciplinas

Este sábado, 7 de abril, celebrarase a terceira edición da xornada De Estudios Abertos, unha iniciativa semellante á proposta Open Studio, na que artistas da cidade abren os seus estudios á veciñanza, e que permite á cidadanía achegarse á produción e proceso creativo dun xeito accesible, á vez que descubre fórmulas de traballo vinculadas ao mundo artístico. Nesta edición abriranse un total de 50 estudos, o que triplica os datos da primeira edición, nos que a cidadanía poderá conversar e coñecer a obra de 92 artistas da cidade. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, valorou positivamente o crecemento exponencial dunha proposta que contou, desde o inicio, co apoio do goberno local á hora de acompañar e difundir a xornada", que permite visibilizar "e dar conta da efervescencia artística e cultural que está a vivir A Coruña". "Estamos a falar dunha iniciativa fermosa, na que as e os artistas abren as portas dos seus estudios, e que representa, de novo, unha aposta pola descentralización da actividade. A práctica artística, que se abre á cidadanía, esténdese tamén por todo o termo municipal", aseverou o concelleiro durante a presentación da proposta, que tivo lugar na Fundación Luis Seoane.  

A xornada De Estudios Abertos, que se desenvolverá de xeito ininterrumpido entre as 12.00 e as 21.30 horas, permitirá que a cidadanía coñeza, dun xeito proximo, o espazo de traballo das creadoras e dos creadores locais, nos que se celebrarán concertos, sesións de dj ou recitais de poesía de artistas convidados. A ocasión tamén permitirá abordar cuestións coas e cos artistas "dun xeito informal", segundo apuntou Jano Muñoz, coordinador da proposta, "como se fose unha inauguración, ou presentación, dunha obra". "É unha ocasión ideal para que familias, veciñanza do barrio e persoas con curiosidade que nunca se atreveron a entrar nunha galería de arte poidan entrar teñan acceso a este tipo de celebracións", afirmou, á vez que salientou a posibilidade de contar, de novo, cunha grande afluencia de público. O ano pasado, segundo lembrou Muñoz, por algúns estudios pasaron máis de 1.000 persoas. "Se o tempo acompaña, agarmos seguir medrando cun evento que, en realidade, ofrece 50 eventos paralelos nos distintos espazos de traballo", apuntou o coordinador.

Para máis información sobre De Estudios Abertos, que dispón dun mapa coa situación dos distintos estudos, pódese visitar a páxina de Facebook da iniciativa

Documentos:

Cartel 'De Estudios Abertos 2018' (5 MB)

Plano 'De estudios Abertos 2018' (7 MB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión