Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2018

O Concello asumirá a organización das festas de Novo Mesoiro se a asociación veciñal renuncia a realizar a súa programación

O alcalde lamentou as últimas manifestacións por parte da entidade veciñal sobre a posibilidade de que non asuma as festas barriais xa que o Concello tiña reservada unha achega económica de 25.000 euros, similar a doutros anos e axustada á densidade poboacional da zona. “En todo caso, a cidadanía pode estar tranquila”, insistiu

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, garantiu esta mañá, na súa habitual comparecencia logo da Xunta de goberno local, que o barrio de Novo Mesoiro --así como o resto dos da cidade-- contará coas súas tradicionais festas, sexan estas organizadas pola actual asociación veciñal ou pola propio Concello no que caso de que a primeira renuncie a programalas. "En todo caso, a cidadanía de Novo Mesoiro pode estar tranquila", manifestou.

Así o indicou a preguntas da prensa, despois de lamentar as últimas manifestacións ao respecto da entidade veciñal sobre a posibilidade de que non asuma a organización das festas do barrio. O rexedor recordou o contacto constante entre a Concellería de Culturas, a través do IMCE, e as asociacións veciñais para o desenvolvemento das súas festas e indicou que o Concello tiña reservada unha achega económica de 25.000 euros para o desenvolvemento das actividades festivas en Novo Mesoiro. "Para nós é un barrio especialmente importante, tanto por ser un dos máis recentes da cidade, como pola súa destacada densidade de poboación", comentou, á vez que aludiu aos fondos que estaban asignados á asociación veciñal de Novo Mesoiro dentro das convocatorias de axudas públicas postas en marcha polo departamento de Culturas, dirixido por José Manuel Sande, como é o caso, entre outras, da liña Facemos Comunidade. Esta cantidade, segundo as conversas mantidas entre Concello e entidade veciñal, serviría para sufragar unha programación festiva composta de cinco actuacións musicais, catro actuacións de entidades tradicionais e outras accións destinadas a todos os públicos, como o espectáculo FamiliRúa, o teatro de Noite Bohemia ou a celebración dun Obradoiro Ambiental.  "Aínda que damos unha especial importancia á tradición que adquiriron as festas de Novo Mesoiro, o Concello ten que dispoñer e axudar ás festas en todos os barrios. A entidade veciñal demandou unha aportación maior, pero a administración local explicoulle que non a pode asumir se pretende manter un correcto equilibrio coas achegas ao resto de barrios", apuntou, á vez que recordou que, non obstante, a vontade de diálogo e colaboración é constante xa que onte mesmo se produciu unha reunión entre representantes do IMCE e os e as da entidade veciñal de Novo Mesoiro.

"En calquera caso, as festas están garantidas. Se unha asociación veciñal renuncia ou non quere axustarse as liñas da convocatoria de Facemos Comunidade, o Concello pode asumir á organización das festas", insistiu.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión