Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2018

O Concello da Coruña celebra o Día do Libro con actividades nas bibliotecas municipais

O préstamo será ilimitado durante toda a xornada do luns 23

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán o Día do Libro, o vindeiro luns, 23 de abril, cunha programacion especial de actividades dirixidas a todos os públicos. Co gallo da efeméride, a rede de bibibliotecas promove diversas iniciativas que inclúen encontros literiarios, presentación de libros, contacontos ou accións de rúa. Ademais, durante o mesmo día 23, as usuarias e usuarios que se acheguen ás bibliotecas poderán levar en préstamo todos os libros, discos, películas e outros dispositivos que queiran sen ningún tipo de límite.

A primeira das iniciativas terá lugar mañá, sábado 21, cun contacontos na biblioteca Infantil e Xuvenil da rúa Durán Loriga, no que se explicará ás nenas e nenos as razóns polas que o 23 de abril foi escollido o Día do Libro. Compartiranse tamén historias con títulos como El Grúfalo, de Julia Donaldson e Axel Scheffler, ou Un libro, de Hervé Tullet. Xa no propio Día do Libro, pola tarde, sucederanse as actividades en distintos centros da rede de bibliotecas. Así, o equipamento dos Rosales acollerá, entre as 18.30 e as 20.00 horas, un encontro aberto á veciñanza co autor Fernando Otañón para falar da súa novela El orden invisible de las cosas. No mesmo horario e centro, celebrarase un curso de libro electrónico para achegar á veciñanza a lectura no soporte dixital, así como impuslar o consumo legal de contidos dixitais, de calidade e actualizados. Para participar no mesmo, requírese inscrición a través do portal www.coruna.gal/bibliotecas.

As actividades do Día do Libro trasladaranse tamén ás rúas do Castrillón coa colaboración da asociación veciñal IAR Castrillón. Do 23 ao 27, celebranse lecturas en voz alta, intercambio de libros e tardes de conto. Por último, a biblioteca do Fórum Metropolitano acollerá o 23, ás 19.00 horas, a presentación do libro Que se le van las vitaminas, da divulgadora científica Déborah García Bello. A proposta está vinculada á serie Todo é ciencia, unha iniciativa posta en marcha neste segundo trimestre do ano e que se dirixe a todas as idades co obxectivo de achegar a divulgación científica á veciñanza. As persoas que se acheguen ao equipamento da rúa Río de Monelos, tamén poderán visitar a exposición itinerante Muller tiñas que ser!, inaugurada o pasado mes de marzo no Centro Ágora co gallo da programación municipal do 8 de Marzo Mulleres que transforman realidades.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión