Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de marzo de 2018

O Concello inaugura no Ágora un Centro de interese bibliográfico sobre xénero e feminismos, que “nace como resposta a unha crecente demanda cidadá”

O espazo abrése como parte do proxecto Xénero e Feminismos nas Bibliotecas Municipais, que acollerán tamén nos próximos meses unha exposición sobre a muller na ciencia e un ciclo de cine

O Ágora contará a partir do próximo 6 de marzo cun Centro de interese bibliográfico sobre xénero e feminismos que incorporará máis de 500 documentos e publicacións relacionadas cos feminismos, as violencias machistas e as diversidades afectivo sexuais dende múltiples enfoques. Este centro, no que traballaron de manera conxunta a Concellaría de Culturas, Deportes e Coñecemento, a Concellaría de Igualdade e Diversidade e a Rede de Bibliotecas Municipais, nace "como resposta á crecente demanda cidadá" que busca libros, música, películas e revistas que xiran en torno a estas temáticas, segundo explica a edil de Igualdade, Rocío Fraga. Trátase dun espazo que "medrará e evolucionará cos anos á medida que se recollan máis achegas das persoas usuarias das bibliotecas" e que organiza os materiais seleccionados "dunha forma alternativa, atractiva e accesible, poñendo os feminismos no centro". A concelleira de Igualdade explica que se incrementarán os títulos dirixidos a un público infantil e xuvenil "que favorezan a ruptura de estereotipos e o recoñecemento das achegas das mulleres á sociedade" como manera tamén de que "o coñecemento se convirta nunha ferramenta de transformación social".  

Xunto ao centro inagurarase tamén o próximo martes a exposición Muller tiñas que ser!, unha mostra na que, "partindo dos estereotipos asignados tradicionalmente ás mulleres e facendo uso do humor e a ironía, homenaxea a todas as mulleres que se dedicaron e se dedican á  investigación e á ciencia", indica Fraga. A exposición estará aberta no Ágora durante o mes de marzo, de luns a sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 17 a 21.00 horas, e durante o mes de abril, co mesmo horario, no Forum Metropolitano.

Tanto o Centro de interese bibliográfico como a exposición son iniciativas que forman parte do proxecto Xénero e Feminismos nas Bibliotecas Municipais, unha serie de accións que se completan ca publicación dunha guía de lectura sobre o contido do centro, a actualización das coleccións de cada una das bibliotecas sobre estas temáticas e da guía de lectura As municipais entenden sobre LGTBIQ e o clube de lectura LGTBI (que funciona xa dende o ano pasado), así como o ciclo de cine de xénero Puplewatching. A súa programación, que se poderá ver no mes de xuño no Ágora, centrarase "na análise, debate e difusión de problemáticas actuais vinculadas ás políticas de xénero como a reprodución e sexualidade, sufraxismo e activismo político, LGTBI e violencia, discriminación e dominación".  

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión