Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

Cando:

5 de xullo de 2018

O Concello incorpora á xestora cultural Bettina Kohlaas como nova directora do Teatro Colón

O concelleiro de Culturas salienta “a traxectoria e o coñecemento da realidade cultural galega e local” de Kohlaas, quen estivo á fronte do Fórum Metropolitano, da área de Cultura da Fundación Barrié ou da comunicación do Festival Mozart

O Concello da Coruña incorpora á xestora cultural Bettina Kohlass na dirección do Teatro Colón, tras aprobar o consello reitor do IMCE o seu nomeamento este xoves. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que a elección da xornalista e xestora cultural, "que conta cunha ampla traxectoria profesional", responde "ao seu coñecemento tanto a cidade como a realidade cultural local e de Galicia, que aplicará á xestión do Teatro Colón", recinto do que o Concello asumiu a súa cesión temporal o 2 de xullo.Bettina Kohlaas (León, 1972) é licenciada en Ciencias da Comunicación --especializada en xornalismo e relacións públicas-- e Ciencias Económicas pola Freir Universität de Berlín, e doutora cum laude en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional no ámbito da comunicación en Alemaña, Madrid e Canarias, á vez que compaxinou a súa actividade coa produción musical. En 1999 estableceuse en Galicia, xa vinculada á xestión cultural, e traballou na coordinación de xiras europeas e festivais en Nordesía Produccións, exerceu de directora da área de cultura da Fundación Barrié e foi a responsable de actividades da Obra Social la Caixa na Catedral de Compostela, ademais de dar aulas na USC na área de Comunicación Audiovisual.

A súa traxectoria profesional tamén está vinculada á Coruña, como adxunta á xerencia do Consorcio para a promoción da Música e responsable de comunicación da mesma, ademais do Festival Mozart, entre os anos 2003 e 2006. Posteriormente, asumiu a dirección do Fórum Metropolitano até o ano 2011. Desde entón, Kohlaas coordinou diversos proxectos culturais de ámbito estatal, ademais de realizar asesoramento de xeito continuado a institucións, e exercer de responsable de comunicación de iniciativas do ámbito privado e público.  

"Coa elección da nova dirección, avanzamos no obxectivo de acadar a excelencia, vangarda e innovación que desde o goberno local marcamos para este espazo", avanza Sande, quen lembra que, tras os meses de verán --nos que o recinto da avenida da Mariña acollerá concertos do Festival Noroeste ademais dunha residencia artística--, o equipamento ofrecerá unha nova programación escénica "que complementará a oferta da cidade, e cuxas liñas serán presentadas nas vindeiras semanas".

Calendario

Busca de eventos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?