Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2018

O Concello levará o teatro clásico de Noite Bohemia a centros cívicos e espazos simbólicos da Cidade Vella durante este verán

A compañía coruñesa inicia o sábado este ciclo de actuacións gratuítas coa interpretación da Praza das Bárbaras de Miles Gloriousus, “unha actividade que forma parte do empeño do Concello por revitalizar o casco antigo, tamén dende o punto de vista cultural”

A Concellería de Culturas, dirixida por José Manuel Sande, levará este verán o teatro clásico da compañía coruñesa Noite Bohemia a seis espazos distintos da cidade. O ciclo iniciarase este sábado, día 7, coa interpretación da peza Miles Gloriosus, de Plauto, ás 22.00 horas, na Praza das Bárbaras. O responsable municipal salientou que a intención do goberno local "é levar actuacións de preto dunha hora, completamente gratuítas e até encher aforo, tanto a centros cívicos da cidade como, sobre todo, e por tratarse de teatro clásico, a espazos especialmente simbólicos e de valor patrimonial dentro da cidade".

As actuacións de Noite Bohemia terán lugar durante os meses de xullo e agosto, estando a seguinte programada para o vindeiro día 20, na praia de San Amaro, coa interpretación de Troyanas, de Eurípides. O 6 de agosto terá lugar, no atrio da colexiada de Santa María a interpretación da Yerma de Federico García Lorca mentres que o 16 de agosto o escenario será o interior do Castelo de San Antón, con Bacantes, tamén de Eurípides. O horario, en todos os casos, será ás 22.00 horas. Posteriormente, o 17 de agosto, o teatro desprazarase até o Centro Cívico do Castrillón, mentres que o 24 de agosto, o ciclo rematará no Centro Cívico de Novo Mesoiro. En ambos lugares a obra que se representará será Miles Gloriosus (a primeira ás 20.30 e a segunda ao 18.00).

Sande salientou, ademais, que as actuacións en enclaves do Casco Histórico, "forman parte do plan posto en marcha para que a revitalización da Cidade Vella tamén teña en conta unha vertente de dinamización cultural".

A actuación deste sábado fará unha revisión do texto de Plauto dende o punto de vista da comedia. Ambientada na Roma imperial, soldados e escravos representan unha proposta teatral de hai 2.000 anos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión