Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2018

O Kiosco Alfonso acolle desde mañá a mostra 'Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia'

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, intervirá no acto inaugural, aberto á cidadanía, e que terá lugar ás 20.00 horas

A Sala Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso acollerá desde mañá, e até o 13 de xaneiro, a exposición Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia, unha mostra que recupera a crónica fotográfica das campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976 e nas que retratou a vida cotiá da veciñanza, o traballo, a festa ou a irrupción do turismo.

A exposición está impulsada polo Concello da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración do Collegi d'Arquitectes de Catalunya e do Museo do Pobo Galego.  Consta de 110 imaxes seleccionadas polo comisario, Anxo Rabuñal, que fan referencia ás sete campañas que o fotógrafo levou a cabo en Galicia ao longo de 21 anos, e nas que reflicte a visión dun país en plena transformación económica e social, no que conviven tradicións e costumes de longo percorrido coa irrupción do turismo e a pegada do Ano Santo 1965 como fito fundamental.

A mostra, que inaugurará mañá ás 20.00 horas o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, complétase con máis de medio cento de libros e documentos sobre o turismo en Galicia así como da propia obra do autor cedidos por particulares e diferentes centros de estudos, como as bibliotecas municipais de Estudos Locais e do Fórum Metropolitano, ou do Museo do Pobo Galego e da Real Academia Galega, entre outras institucións.

Documentos:

Folleto exposición 'Català-Roca en Galicia' (341 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión