Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2018

O Pazo de María Pita acolle desde hoxe a exposición de carteis 'Maio do 68', que lembra as protestas no seu quincuaxésimo aniversario

O concelleiro José Manuel Sande inaugurará esta tarde, ás 19.00 horas, a mostra, cunha mesa redonda na que tamén participará o comisario, Doroteo Arnáiz, quen viviu os acontecementos en París

A sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá desde hoxe, e até o 10 de xuño, a mostra Maio do 68, unha serie de carteis orixinais realizados na escola de Belas Artes de París no propio maio francés, e que dan conta das protestas que este ano celebran o seu quincuaxésimo aniversario. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salienta "a oportuna coincidencia" do inicio desta exposición "nunha data tan significativa no Estado como é o 15-M", así como a posibilidade de achegar á veciñanza traballos orixinais, realizados en serigrafía e offset, ademais de numerosa documentación da época, como manifestos, publicacións, xornais, ou revistas. "Esta mostra, ademais de ofrecer documentos únicos, propios do maio francés, permite comprobar a perdurabilidade das revoltas e o pensamento crítico, e a vixencia dese momento histórico", apunta o edil. Aos carteis e á documentación súmase tamén unha completa cronoloxía dos principais acontecementos do maio francés, así como elementos ambientais nas paredes da sala que evocarán as protestas do momento para as e os visitantes.

O edil será o responsable de inaugurar Maio do 68 esta tarde nun acto aberto á veciñanza que comezará ás 19.00 horas, a través dunha mesa redonda na que participarán, entre outras persoas, o edil de Culturas e o comisario da mostra, Doroteo Arnáiz, quen viviu as protestas en París no 68.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión