Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de novembro de 2018

O Planetario da Casa das Ciencias acolle este sábado, 24 de novembro, a primeira sesión da actividade 'As curiosas: son de letras+ciencias'

A iniciativa, que se desenvolverá ao longo de tres xornadas, forma parte da convocatoria ‘Grupo Xerminal’ da Concellería de Culturas. A entrada ao recital, que comezará ás 20.00 horas, será de balde

O vindeiro sábado, 24 de novembro, comezará o ciclo As curiosas: son de letras+ciencia, unha iniciativa que nace ao abeiro da convocatoria municipal Grupo Xerminal e que pretende , a través de intervencións divulgativo-literarias, render homenaxe a tres mulleres investigadoras ou vencelladas á ciencia en Galicia. A proposta, impulsada pola escritora Estíbaliz Espinosa, pretende achegar a ciencia á cidadanía, en concreto, as figuras de Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín Moreiras e Isabel Zendal, á vez que se ofrece un espectáculo musical no marco dun espazo simbólico da cultura científica. Deste xeito, celebraranse, ao longo de tres xornadas diferentes, tres recitais ou lecturas dramatizadas acompañados de música de piano en directo vinculados á oceanografía, astronomía e investigación científica, e que terán lugar no Aquarium Finisterrae, na Casa das Ciencias e na Universidade da Coruña.

A primeira sesión de As curiosas terá lugar no Planetario da Casa das Ciencias o sábado 24 e estará adicado á figura da astrónoma ourensana Antonia Ferrín Moreiras. O acto, que comezará ás 20.00 horas e cuxa entrada é de balde, contará con música de piano e voz ao vivo e lectura de textos sobre astronomía de mulleres senlleiras, ademais dunha pequena charla divulgativa entorno a Ferrín Moreiras e as súas achegas no eido da astronomía como colaboradora de Ramón María Aller no Observatorio da Universidade de Santiago de Compostela. A cita, dirixida pola propia Espinosa, contará coa participación da pianista Isabel Gómez Alonso.

As seguintes citas terán lugar na Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae, na que se realizará unha sesión de letras+ciencias dedicadas á oceanografía e á figura de Ángeles Alvariño e, finalmente, unha terceira cita dedicada á investigación e aos labores de pescuda da UDC, na que se afondará na figura de Isabel Zendal. Todas as sesións gravaranse en vídeo para seren difundidas, posteriormente, tanto nas redes sociais como en espazos municipais e universitarios.

Coruña Escura

Mañá tamén dará comezo, na Fundación Luís Seoane, unha nova iniciativa no marco da convocatoria Grupo Xerminal, impulsada pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento. Trátarse de Coruña Escura, un proxecto de Cillas Seyde no que a artista realiza unha instalación de cámara escura no andar de acceso ao recinto, na que proxectará unha imaxe real seguindo, precisamente, o principio da cámara escura, construíndo unha inmersión visual e temporal. O obxectivo da intervención é poñer de relevo a funcionalidade dos dispositivos como ferramentas de percepción, xunto coa nova capacidade de percibir o real a través do cinematográfico. Así, o público poderá observar o real do exterior seguindo o fenómeno fundamental da óptica fotográfica, mentres que a imaxe invertida provocará unha nova percepción da realidade exterior como un mundo paralelo e simétrico.

A instalación Coruña Escura inaugurarase mañá, día 21, ás 17.00 horas, e poderase visitar até o domingo 2 de decembro.

Documentos:

Cartel As Curiosas (1 MB)

Cartel Coruña Escura (297 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión