Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xaneiro de 2019

O Teatro Rosalía Castro acolle mañá a XV Gala Manicómicos, que contará con espectáculos de clown e acrobacias para todas as idades

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, salienta a aposta municipal pola visibilización do labor das creadoras e creadores locais. A compañía convida ao público a asistir ao evento con narices vermellos de pallasas e pallasos

A programación de artes escénicas en recintos municipais neste 2019 comezará mañá, mércores 3. O Teatro Rosalía Castro acollerá, a partir das 19.00 horas, a festa do XV aniversario da Asociación Cultural Manicómicos que, como é habitual nestas datas, ofrecerá unha gala de artes escénicas para todos os públicos, na que combinará comedia, clown, danza e circo nas súas múltiples variedades. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, acompañado do actor Carlos Sante, presentou esta mañá o cartel da XV Gala Manicómicos, "que porá de manifesto a calidade das e dos artistas locais, nunha celebración marcada polo humor que se abre a todas as idades".

Pola súa banda, Carlos Sante sinalou que a gala, "con aires de circo clásico", renderá homenaxe "a dous grandes humoristas que nos acaban de deixar, como son Manu Lago e Michel Dallaire",  con convidados especiais "para ofrecer unha tarde inesquecible con acrobacias e malabares", e convidou á veciñanza a asistir ao espectáculo con narices vermellos de pallasos e pallasas.

As entradas para o espectáculo --8 euros a entrada simple e 18 euros o abono familiar, que inclúe 3 billetes-- xa están á venda na praza de Ourense e na plataforma www.ticketea.com, ademais do propio Teatro Rosalía o día da función. Como é habitual nos espazos municipais, haberá descontos para o colectivo con bonificación --persoas posuidoras do Carné Xove, maiores de 65 anos ou en situación de desemprego--. Para máis información sobre a programación municipal, pódese visitar o web www.coruna.gal/cultura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión