Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiros didácticos de verán no museo Arqueolóxico e Histórico no Castelo de San Antón 2018

Obradoiros monográficos

A quen vai dirixido?:

Público: 6 - 12 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 07/07/2018 ata o 18/08/2018, os sábados

Apertura do prazo de inscrición: martes 26 de xuño.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/06/2018

Horario:

Sábados ás 12:00 h

Duración:

Duración: 1,5 / 2 h.

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2. 15001 A Coruña

Número de prazas:

20 por sesión

Prezo:

gratuito

Requisitos:

Inscrición previa por orde de chamada ata completar prazas: 981 189 850 (de martes a sábado de 10:00 a 20:00 h.)

1. Sábado 7 de xullo:

A PREHISTORIA: PINTURAS RUPESTRES (ACTEO) As nenas e nenos entrarán en contacto cos modos de vida da prehistoria e coñecerán as primeiras representacións pictóricas. A continuación realizarán a súa propia pintura empregado os pigmentos que eles mesmos elaborarán coas técnicas e materias utilizados na prehistoria.

2. Sábado 14 de xullo:

LUCERNAS ROMANAS (ACTEO): logo dunha explicación sobre a vida e os costumes dos romanos, as nenas e nenos coñecerán o uso, funcionamento e tipoloxías destas lámpadas de aceite, para logo elaborar a súa propia.

3. Sábado 21 de xullo:

OLERÍA CASTREXA. Tras unha visita á sala da Idade do Ferro para coñecer a evolución da olería castrexa, experimentarán, coas súas propias mans, elaborando unha peza coas técnicas de fabricación e cos motivos decorativos característicos desta cerámica.

4. Sábado 28 de xullo:

TOCADOS MEDIEVAIS: partindo da colección de arte medieval exposta no patio do Museo, na que se poden ver cabaleiros con armadura, frades con hábitos, ou damas con vestidos e peiteados de rolo, os/as participantes no obradoiro elaborarán con teas un tocado ao estilo medieval.

5. Sábado 4 de agosto:

SELO DE OLEIRO: TERRA SIGILLATA. Coñecerán as funcións, formas, decoracións e características particulares da cerámica romana coñecida como terra sigillata, a través das pezas expostas nas vitrinas do museo, para facer logo o seu propio selo de oleiro tallado sobre goma.

6. Sábado 11 de agosto:

TORQUES CASTREXOS: nas salas dedicadas á Idade do Ferro, os/as participantes neste obradoiro verán diferentes exemplos de xoias castrexas. Coñecerán as diferentes tipoloxías de torques, as súas funcións, uso e decoracións, para a continuación elaborar a súa propia peza.

7. Sábado 18 de agosto:

MOSAICOS ROMANOS: despois dunha breve explicación sobre a técnica musivaria e tras coñecer varios exemplos no museo, os/as participantes fabricarán un mosaico empregando os patróns e as teselas que se lles proporcionarán.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión