Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pablo Alborán - Xira Prometo

O regreso de Pablo Alborán aos escenarios é xa unha feliz realidade e chámase Tour Prometo 2018.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/06/2018

Xa rematou

Horario:

22.30 h (Apertura de portas: 20.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

- Pista de pé (s/n): 32'00 € gastos

- Tendido baixo (numerado): 38'00 € gastos

- Tendido medio (numerado): 33'00 € gastos

- Tendido alto (numerado): 26'00 € gastos

Todas aquelas persoas que accedan ao evento deben facelo con entrada.

Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada que se pode descargar na seguinte ligazón: DESCARGAR

Televenda:

Ticketea

Páxina web:

www.pabloalboran.es

A nova xira do malagueño, cuxa dimensión como artista global é xa un feito incontestable, era unha das máis esperadas do panorama musical actual. O anuncio oficial das datas nas que se poderá gozar do espectáculo de Pablo interpretando en directo as súas cancións chega apenas uns días despois da presentación do seu cuarto disco de estudio, que foi lanzado a nivel mundial o pasado día 17 de novembro. Nestas dúas semanas, Prometo recibiu multitude de eloxios e foi cualificado como unha auténtica xoia na carreira de Pablo Alborán. O entusiasmo que xerou Prometo entre os seus millóns de seguidores, ante a nova mostra de talento, como compositor e intérprete que logrou este artista excepcional aos seus 28 anos, será sen dúbida similar á expectación que vai espertar o anuncio da súa nova xira, despois do éxito rotundo que cultivou a anterior, o Tour Terral, hai tres anos.

Prometo é o resultado da valente decisión que adoptou hai dous anos cando, contra todo prognóstico, se atreveu a facer un parón na súa meteórica carreira, xusto cando alcanzara un nivel de popularidade poucas veces visto nun artista da súa idade.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só os días de concerto desde as 17.00 h

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión