Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paulo Bruscky. Etceterarte

Comisario: Jorge Blasco, Silvia Longueira

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/06/2018 ata o 18/11/2018

Xa rematou

Horario:

De martes a domingo de 11:00 h a 15:00 h e de 17:00 h a 21:00 h

Luns pechado

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíto

Contacto:

Fundación Luís Seoane

San Francisco, 27

15001 A Coruña

Tel.: 981 216 015

Fax: 981 216 379

info@fundacionluisseoane.gal

A Fundación Luís Seoane acollerá entre os meses de xuño e novembro a primeira gran retrospectiva dedicada á obra de Paulo Bruscky (Recife, Brasil, 1949) no noso país, un proxecto comisariado por Jorge Blasco e Silvia Longueira que reunirá máis de duascentas obras realizadas polo artista brasileiro ao longo de case cinco décadas.

Vinculado nos seus comezos ao movemento Fluxus, a traxectoria de Bruscky arrinca na década dos sesenta, en plena ditadura militar, un período convulso que o marcará desde un punto de vista persoal e profesional, no que xa aparecen moitas das características que definirán a súa práctica artística, como a utilización de diferentes medios de comunicación para difundir a súa obra, evadindo naquel momento o control gobernamental, e tamén como método para establecer contacto con outros artistas fóra de Brasil.

Neste contexto, é importante destacar que no ano 1976, Bruscky organizará a primeira exposición de mail art no seu país, que será clausurada polas autoridades, un formato que segue utilizando na actualidade, e que é un dos múltiples soportes xunto cos libros de artista, o xerox-art, a colaxe, a fotografía, as tarxetas postais, os anuncios clasificados, a poesía visual, a performance, o vídeoarte, a arte sonora ou o cinema a través dos que o artista pon a súa creatividade, sempre desde a súa cidade natal, Recife, como base desde a que construír unha reflexión sobre as cuestións históricas, políticas ou sociais que lle interesan.

O proxecto que presenta agora a Fundación Luís Seoane, elaborado durante dous anos xunto ao artista, baséase nas categorías nas que o propio Bruscky divide o seu traballo: Arte Classificado, Arte Correio, Artistas Achados e Apropiados, Banco de Idéias, Bruscky Invents, Homenagems, Livros de Artista, Obxectos Poéticos, Poesia Visual, Repropostaçoes, Adesivos, Instalaçaos, Vídeo Arte e Arte Sonora. Algunhas, como a Arte Classificado, pequenas reseñas inseridas nas seccións de anuncios por palabras dos xornais, ou a Arte Correio ou mail art, responden de maneira evidente a esa necesidade de comunicar que percorre a produción do creador brasileiro.

Outras, como Artistas Achados e Apropiados, na que Bruscky recupera ou reutiliza diferentes obxectos e materiais que lle lembran a obra doutros artistas e Homenagems, pezas realizadas expresamente para render homenaxe a creadores que admira, representan, xunto cos seus Obxectos Poéticos ou a súa Poesia Visual a vertente máis plástica do artista, sempre coa ironía, o humor absurdo e a crítica social como elementos inherentes ao seu traballo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión