Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos Abril Maio Xuño 2017

Música e poesía nesta tempada do ciclo Poetas di(n) versos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/04/2017 ata o 05/06/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

POETAS DI(N)VERSOS continúa as súas citas mensuais de xeito ininterrompido pero presenta agora a programación primaveral que disporá ao longo de abril, maio e xuño. Tres novos recitais dobres con algunhas das mellores voces de Galicia e do resto do mundo, que nesta xeira nos levarán dende a fría Islandia ata o cálido México pasando por Irlanda. Tratando sempre de presentar a máis coidada e diversa selección de voces poéticas, nesta recta final do oitavo ano do ciclo daranse cita dende un dos poucos poetas do mundo nomeado a un óscar de Hollywood, ata as últimas revelacións literarias de México e Galicia. Outra característica común a dous dos tres eventos será a presenza de autores galegos que viven no estranxeiro, acompañados de escritores moi renomeados de cadanseu país de residencia, hoxe compañeiros seus.

Luns 10 de abril, Islandia será o pano de fondo que reúna a Sjón e Elías Portela, pois ambos os dous residen no país boreal aínda que o segundo naceu en Cangas do Morrazo. Quen asina en Islandia co seu heterónimo Elías Knörr, foi de feito sinalado pola prestixiosa revista UK Poetry Review coma un dos tres poetas máis representativos da lírica actual daquel país. Pola súa banda, Sjón constitúe un dos narradores e poetas de maior sona de Islandia, internacionalmente premiado e publicado en 35 linguas. Tendo compartido proxecto en The Sugarcubes, Sjón é autor de moitas das letras da súa paisana a cantante Björk e, de feito, en 2001 estivo nomeado a un óscar da Academia polas súas letras no filme Dancer in the dark, de Lars von Trier.

Luns 8 de maio toda una velada irlandesa, xuntando tamén a dous poetas que residen ambos os dous en Cork a pesar de que un deles naceu en Noia: Eiléan Ní Chuilleanáin foi catedrática do Trinity College e ocupa o máximo rango para un/ha poeta en Irlanda, a consideración de "Mestra da Poesía". Martín Veiga é o director do Centro Irlandés de Estudos Galegos na Universidade de Cork, experto na obra de Avilés de Taramancos e premios Fiz Vergara Vilariño ou Esquío.

Luns 5 de xuño - EVENTO CANCELADO

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión