Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos: CELIA PARRA e MIRIAM REYES

Este mes dúas mozas poetas, ambas nadas en Ourense, Celia Parra e Miriam Reyes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/06/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

Documentos:

Dossier recital día 4 de xuño (1 MB)

A poeta e videocreadora Miriam Reyes naceu en 1974 en Ourense, pero aos oito anos emigrou cos seus pais a Caracas. Estudou Letras na Universidade Central de Venezuela e, máis tarde de volta na Península, licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universitat de Barcelona. Publicou os libros de poesía: Espejo negro (2001), Bella durmiente (2004), Desalojos (2008), Yo, interior, cuerpo (Antología poética) (Arxentina, 2013), Haz lo que te digo (2015) e Prensado en frío (2016), a carón de dous títulos que viron a luz en tradución ao portugués e ao italiano. Así mesmo editou e traduciu -para o Fondo de Cultura Económica- a antoloxía de poesía galega Punto de ebullición (2015), ademais de verter para o castelán poetas portugueses, galegos e cataláns contemporáneos. Foi bolseira de creación na mítica Residencia de Estudantes de Madrid entre os anos 2004-2005, e da Fundación Roquissar de Mallorca en 2013. Ten sido incluída en antoloxías estatais e internacionais, e mantén a páxina de escrita colectiva Prensándonos en frío. Desde o ano 2001 experimenta coa escritura audiovisual e mais o recital multimedia.

Celia Parra (Ourense, 1990) é poeta e produtora. Licenciada en Comunicación Audiovisual e Máster en Produción e Xestión Audiovisual, traballa para varias produtoras e especialízase en videopoesía como investigadora, docente e creadora. Os seus videopoemas teñen sido premiados e seleccionados en diversos certames de Europa, Estados Unidos e América Latina. Alén diso, é impulsora e produtora executiva de Versogramas, considerado o primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía. Como poeta, publicou en 2009 o seu primeiro poemario, No berce das mareas, Premio Avelina Valladares. Froito da experimentación coa poesía híbrida, seguiríanlle no 2012 RE(C)verso, un CD autoeditado de audiopoesía e, no 2013, Poemario Culinario, un recetario de poemas e fotografías servidas en formato web. A súa obra poética viu a luz en revistas como Dorna, Luzes, Oculta Lit e xornais como O Salto Galiza. Forma parte das referenciais antoloxías da última poesía galega No seu despregar (2016) e 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017, en edición bilingüe galego-castelán), e actualmente traballa no que será o seu segundo poemario.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión