En Prende no colo aprenderemos cancións de berce para arrolar as crianzas máis pequenas, ademais de xogos e cancións infantís para implicar e axudar ás familias no proceso de aprendizaxe e de transmisión da nosas tradicións e da nosa lingua, dende cancións para aprender as partes do corpo, a xogos de descuberta e recitados sinxelos.
Familiar
Familias
27/09/2018
Xa rematou
24/09/2018
17.00 horas
Unha hora
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíto
Nota: se unha vez reservada praza non se pode asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade.
O obradoiro está destinado a crianzas de 0 a 3 anos acompañadas por unha persoa. É necesaria a inscrición só para as crianzas (non para as persoas acompañantes), que se abrirá a partir das 10.00 horas do 24 de setembro.
Se non sabes como inscribíreste, podes consultar esta ligazón.
Luís Prego, acompañado polo músico Samuel Soto, será o encargado de impartir este didáctico. Podes ver un vídeo do obradoiro nesta ligazón.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible