Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro “Einstein para perplejos" de José Edelstein e Andrés Gomberoff

Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Todo é Ciencia"

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

11/06/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Un absorbente e entretido percorrido pola vida e obra de Albert Einstein.

Albert Einstein é un modelo universal da intelixencia, a humanidade e a imaxinación. Con todo, a súa obra permaneceu distante para o público xeral.

En Einstein para perplejos, José Edelstein e Andrés Gomberoff buscan reverter esta situación. Para iso abordan o contexto histórico e intelectual no que se orixinaron as ideas de Einstein e tamén o legado que deixou tras a súa morte, mostrándonos no seu tempo e no noso a un científico que, entre outras teorías, predixo hai cen anos a existencia de ondas gravitacionais que recentemente revolucionaron a astronomía.

Este contundente libro sobre o premio Nobel instrúenos e divírtenos cunha formulación para calquera persoa interesada no seu pensamento pois, como afirman os autores, «falar del é falar da humanidade que hai na ciencia, idioma universal dos seres humanos».

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión