Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Reeencuentros, Xilografías sobre a la pupé"

Obras de José Valentín

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/11/2018 ata o 02/12/2018

Xa rematou

Horario:

horarios de apertura da casa:

- martes a sábado: 11.00 a 13.30 h e de 18.00 a 20.00 h

- domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

O artista betanceiro José Valentín nace en 1942 e aos sesenta anos descobre o mundo do gravado e a xilografía. Tras entrar en contacto co Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos, onde traballa como asistente técnico, coñece o seu mentor, Jesús Núñez, figura indiscutible do gravado contemporáneo, e baixo a súa tutela e amizade inicia unha carreira de produción propia.

Obviando o figurativo, lánzase de cheo á abstracción, onde descobre o seu particular nicho artístico: un universo de explosión colorista, de xogo sensual entre a profusión de liñas, a profundidade das texturas e a omnipresencia do círculo. Desde que decide dar o paso cara ao público, realiza sete exposicións nun ano, comeza en Betanzos (Edificio Liceo), a súa terra natal, e continúa en Gondomar (Portugal), A Coruña (Hotel Meliá M. Pita, Café Fusión), Culleredo (Sala Xosé Rei Lago), Betanzos ( Complexo @Hoteleiro San Roque) Ferrol (Real Coro Toxos e Flores) e Cambre (Museo Arqueolóxico). Na súa andaina flirteou coa poesía, realizando unha exposición conxunta coa poetisa Olga Patiño Nogueira, fusionando gravado e literatura. Con ela publica en 2007 o libro: "Atmosferas", que aborda o diálogo entre gravado e poesía, e que edita a Deputacion da Coruña.

En 2009 sae á luz o poemario "Deter o día cunha flor", de Luz Pozo Garza, ilustrado coas suas xilografías. A súa obra é seleccionada na IX Bienal de Pintura Balconadas, e na súa X edición é galardoado co premio popular (2006). Así mesmo, un dos seus traballos é seleccionado para o premio Máximo Ramos de Ferrol.

Estréase no mural coa obra "Sacrificio", realizada no Complexo Hostaleiro San Roque, de Betanzos, e posteriormente, xa no ano 2012 realiza outro mural de 12 m no Edificio "lrmáns Hospitalarias", centro "Paimenin de Betanzos".

Actualmente a súa obra está xa presente nos fondos do Museo do CIEC.  

José Valentín é un artista de vocación tardía que xorde coa creatividade dun novo talento e a experiencia vital dun home maduro que, en palabras de Ánxeles Penas (crítica de arte, escritora e escultora), "obtivo unha linguaxe propia, unha forma de facer persoal, á vez que soubo afinar a súa percepción estética para conseguir composicións moi fermosas, nas que, á graza da liña tallada, puido engadir un alto sentido da cor".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión