Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de decembro de 2018

Teatro, danza, fotografía e cinema nutren os proxectos que se estrean esta semana no marco da convocatoria 'Grupo Xerminal' e que contan co apoio do Concello

As iniciativas ‘Paco Pena’, ‘Dique de abrigo’, ‘Perno’, ‘Cando penso que te fuches’ e ‘Laureano Bouzas’ preséntanse na sala Gurugú, Fundación Luis Seoane, Fórum Metropolitano e Centro Ágora

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento informa que esta semana terá lugar a estrea de cinco proxectos enmarcados na convocatoria de apoio á creación Grupo Xerminal, iniciativa impulsada por vez primeira neste 2018 polo goberno local co obxectivo de favorecer o desenvolvemento de proxectos ou intervencións artísticas vinculadas á vangarda e creación contemporánea.

Este xoves 20, ás 11.00 horas, na sala Gurugú terá lugar o encontro cos impulsores e a representación do proxecto Paco Pena, un espectáculo de creación e investigación de Xosé Leis e Xabier Muñiz, que supón unha dramaturxia contemporánea sobre a perda das raíces e a destrución da memoria. O traballo, que conta coa participación da actriz Carmela Martins, narra a historia de Paco Pena, migrante retornado de Alemaña "cuxos soños marcharon afogados nas consecuencias do excesivo consumo de alcol", apunta Leis. A iniciativa tamén conta coa colaboración de Daniel Graña no espazo audiovisual e Bernardino Martínez na produción.

Tamén este xoves, ás 20.00 horas, terá lugar a inauguración, na Fundación Luis Seoane, de dous proxectos expositivos. No primeiro deles, Dique de Abrigo, o fotógrafo Amador Lorenzo presenta unha proposta interdisciplinar na que mistura imaxe e son, e na que elabora un retrato audiovisual sobre a recoñecida infraestrutura coruñesa, cuxa funcionalidade "segue intacta pero que, ao longo dos anos, vai mudando os seus usos". O segundo é Perno, da artista gráfica Yelena Smith, que propón unha serie de obras dar a coñecer unha liña do tempo que debuxa a orixe, uso e transformación de produtos de consumo téxtil. Tal e como apunta Smith, a través da linguaxe plástica "proxéctase un uso consciente que reinterpreta elementos de forma accesible ao público e outorga ás pezas un novo valor formal". Ambas mostras poderanse visitar até o 7 de xaneiro  

Ao día seguinte, o venres 21 terá lugar a estrea das outras dúas propostas. Por unha banda, o centro Ágora será o escenario, a partir das 19.00 horas, da representación do espectáculo de danza-teatro para todos os públicos Cando penso que te fuches, unha proposta de Laura Sarasola, de Caramuxo Teatro, sobre o proceso da migración ao longo da historia desde o punto de vista feminino. O traballo propón unha viaxe poética, visual e sonora dos camiños percorridos por mulleres migrantes, coñecidas ou non, a través dos tempos. "O obxectivo é chegar ao público a través da emoción artística e convidar á reflexión sobre as estruturas nas que se asenta a sociedade globalizada actual", expón Sarasola.

Finalmente, o Fórum Metropolitano acollerá o día 21 a estrea da curta Laureano Bouzas, un filme de Jennifer Crespo, Carlos Fernández e Rubén Gasalla que, en clave de falso documental, aborda ao longo de 27 minutos a vida de Laureano, secretario dos Xulgados de Betanzos e falsificador de moedas da Galicia rural dos anos 60 que desaparece sen deixar rastro. A proxección, aberta á veciñanza e na que participará o equipo, terá lugar a partir das 20.00 horas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión