Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Outono 2018

Nos máis de vinte anos de existencia o Fórum mantén o seu compromiso coas artes escénicas garantindo polo menos unha vez ao mes a posibilidade de asistir a espectáculos teatrais de gran calidade.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 06/10/2018 ata o 15/12/2018

Xa rematou

Horario:

* Todas ás funcións ás 18:30 h

- Pídese puntualidade. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ QUE COMECE A FUNCIÓN

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6.00 euros

Abono 3: (3 entradas para a mesma función) 15,00 euros

Menores de 3 anos: 2,00 euros

* Agás "Vuelos"

8,00 euros

Abono 3: (3 entradas para a mesma función) 19,98 euros

Menores de 3 anos: 2,00 euros

- Todas aquelas persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

Tel.: 981 184 293 (Fórum Metropolitano)

Documentos:

Programación Outono 2018 (1 MB)

Presentamos a programación desta temporada para público familiar, Todo Público, pensada para maiores de 4 anos, unha completa selección de espectáculos para iniciar as nenas e os nenos en mundos creativos, para internarse en imaxinativos territorios para a sensibilidade, a memoria emotiva, o adestramento afectivo e a descuberta da beleza e a arte.

O teatro ofrécelles ás crianzas unha oportunidade para medraren, para viviren unha experiencia que as involucra no seu desenvolvemento completo como persoas, a nivel físico, cognitivo, emotivo e de relacións. Mais tamén nos ofrece a nós, as persoas adultas, a posibilidade de volvermos facer uso de códigos que usamos e máis tarde esquecemos pero que están aínda aí a agardaren unicamente a ser sacados de novo á luz.

Que mellor opción que gozarmos e compartirmos cos nosos fillos e coas nosas fillas unha fin de semana variada que faga florecer o seu pensamento creativo!

Todos os espectáculos teñen pases para público de centros educativos en horario lectivo e un pase o sábado pola tarde para público familiar. 

Este ano o primeiro dos espectáculos, Vuelos, da compañía ARACALADANZA, será no Teatro Rosalía Castro polas súas necesidades técnicas, é ademais un espectáculo incluído na programación do TRC Danza.

Esta programación realízase grazas á colaboración do AGADIC, pois moitos dos espectáculos contan coa axuda da REDE GALEGA.

VÉMONOS NO TEATRO!!

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión