Concello da Coruña

Concello da Coruña

Transubstanciacións

De José Manuel Castro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/11/2018 ata o 04/01/2019

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 11:00 h a 15:00 h. Sábados aberto unicamente con cita previa.

Enderezo:

Galería Monty4. Rúa Montroig 4, Bj. 15001 A Coruña

En 1984 un mozo José Manuel Castro expón, xunto con Manolo Paz, Belloti, Tony Gallardo e Susana Solano, na galería gurú da Movida Fernando Vijande; un ano antes nas mesmas salas do garaxe de Núñez de Balboa de Madrid fixérao Andy Warhol.

Castro destila metafísica. Niso empéñase. Non sabemos como comprendeu a secreta morfoloxía do cuarzo e da pedra morceña, do granito e dos cantos oxidados do río Anllóns, pero si crecentes susurros coas pedras desta exposición, acordan que esta se presente no seu proceso metamórfico no que a súa tosquedade e ruda fortaleza muta en líquido, en charcos e bágoas, en teas, puntillas e flecos, ou seica med férrico, creatividade, paciencia zen e grandes doses da ferramenta máxica da arte (que é o que forma parte e compón a súa liturxia); entendeuna e transubstanciouna emerxendo suis como na arte oriental- á súa pausada e reconfortante contemplación.

Esta mostra forma parte dun episodio máis que dá continuación a esa factoría de ilusionismos e "trampantojos" (ata agora normalmente asociados á arte p dobrados, dos granitos grapados, dos pregamentos e lambedelas, dos "peiteados" e as pedras libro (aberto), que lembran pasaxes do surrealismo máxico; agora aparécesenos a pel de pedra envolta e téxtiles, depositados sobre ela, brotando nunha picada fluídos vivos ou cosendo as súas feridas, un traballo en constante exploración dunha xeografía plástica que se vai ensanchando a medida que se vai descubrindo, deixando para sempre a súa maxia de enerxía escultura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión