Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: 50 minutos de simulación programada

Damos comezo a nova tempada do TRC danza cunha peza de Féliz Fernández

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/04/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familas numerosas -25%)

Televenda:

Ticketea

Danza - performance

Este traballo nace dun xesto estereotipado, dunha construción consensuada e dirixida de como deben ser as cousas; nace dunha norma elaborada, a conciencia, coa intención de manter a orde establecida. A disidencia preséntase por tanto como un mal síntoma, o librepensar de Orwell en "1984" será un castigo que o individuo, ou máis ben o usuario desta realidade, non debe infrinxirse. Todo está preparado para esta experiencia onde o fundamental non é saber escoller entre as diferentes opcións xa que todas conducen ao mesmo camiño, senón buscar o lugar adecuado para gozar dun entretemento integral.

50 minutos de simulación programada é unha experiencia escénica que se desenvolve baixo unha estética do videoxogo habitada por dous avatares que desenvolven accións vinculadas ás súas respectivas identidades cosplay. Bastará con este par de personaxes de identidades polarizadas e unha escenografía que nos remita a todos eses nos lugares que habitamos diariamente para que o noso disco duro interno atope arquivos de memoria extrañamente similares ao que presenciemos en escena.

Intérprete, dirección, dramaturxia, guión, música, visuais, espazo sonoro: Félix Fernández

Dirección coreográfica: Rut Balbís

Venda de entradas

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función, de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión