Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: A Gala

Danza contemporánea

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/04/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

A Gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación coa figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo este ao mesmo tempo o articulador da peza. A Gala é unha peza que xira arredor do traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar e fío condutor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do país que as acolle).Na dramaturxia, Maruja Mallo ten por fin un lugar próximo, o que lle corresponde, a primeira liña en canto a difusión da súa obra e o recoñecemento histórico que lle pertence. Ao mesmo tempo, e seguindo a figura da pintora, a peza fai unha crítica ás nosas propias figuras reivindicativas. Unha crítica á actual sociedade durmida na que a acción se revela como última opción.

Coreografía, dirección e autoría: Nuria Sotelo

Intérpretes: Cristina Valiño, Rebeca Carrera e Nuria Sotelo

Compañía: Licenciada Sotelo

Venda de entradas:

Despacho Central, da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web:

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión