Danza - performance
Para público en xeral
01/03/2019
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
A L M A non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan hippie. A L M A di que sen os demais, sen o outro, calquera deixaría de existir. A L M A non se cre espiritual, senón que se sente así porque inspira e expira, inspira e expira. A L M A di que a A L M A non é unha realidade sensible e, polo tanto, non pode ser estudada pola ciencia. Teno claro.
ALMA sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento métese dentro, baila sen control, deixa saír a tolemia, expóñense sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así teríase perdido para sempre o lume que habitan as cousas. ALMA é un proxecto de Danza e Voo #vertical que comeza a a súa investigación internándose na poética que se pode xerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro. ALMA (non é hippie), é o primeiro espectáculo de Danza Vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro. ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.
Dirección e dramaturxia: Rolando San Martín Intérpretes: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas e Mertxe Solé.
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-danza-alma-non-e-hippie-teatro-rosalia-castro/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible