Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Mercedes máis eu

Danza contemporánea/Experimental

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/05/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada).

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro).

(Se vostede merca entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo).

Para definir Mercedes máis eu é inevitable falar de desexo. Ese desexo que atopa razóns para proxectarse máis aló do primeiro encontro, e devir re-encontro, conversa, experiencia, afecto... Persistir nese desexo, que se actualiza atravesando o proxecto, é incidir naquilo que nos acontece en cada encontro. Pero tamén é indagar no que nos é propio e no que nos é común, que está máis aló do suxeito e do territorio. Ou polo menos ese territorio escrito con capitais, hexemónico, que se impón e nos constrúe desde fóra, definindo os nosos límites a partir de formas e patróns que nada teñen que ver coa herdanza nin coa memoria. Esa memoria ou arquivo vivo que se actualiza co desexo, subtraéndonos da nosa propia inmanencia.

Mercedes máis eu é un traballo de colaboración da artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón no que ambas exploran as relacións particulares que existen e se establecen entre "a súa danza e a súa música". Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes afloran conceptos en diferentes estados de latencia. Algúns deles, de gran contido sociopolítico, están presentes nos materiais, desde os "obxectos" musicais aos danzísticos ou biográficos, outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas, aparecen nos pulsos, os ritmos e os tons, nas voces e nas dinámicas, nos silencios, nas formas. Mercedes máis eu mira cara ao colectivo e faino desde perspectivas e sensibilidades nada arquetípicas. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico. A peza, en feminino, é un híbrido dancístico-musical infestado de imaxes evocadoras e seccionada por cadros, o que lle permite habitar en diferentes arquitecturas ou marcos, desde contextos máis escénicos a outros máis instalativos ou museísticos.

Dirección: Janet Novás

Creación e interpretación: Janet Novás e Mercedes Peón

Compañía: Janet Novás + Mercedes Peón

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h

Venda telefónica: 902 044 226

Web:

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión