Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ute Lemper - Ciclo Galicia Importa

A carismática cantante alemá UTE LEMPER chega ao ciclo Galicia Importa para presentar o seu proxecto “ Rendezvous with Marlene”, onde rende homenaxe á marabillosa Marlene Dietrich.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/05/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Este show xorde despois dunha chamada entre  Marlene  Dietrich e  Ute, na que conversaron durante 3 horas e que se produciu en París durante 1988, fai máis de 30 anos. Ute acababa de recibir o premio Moliére  Award pola súa interpretación en París de Cabaret e decidiu enviarlle unha postal a  Marlene. Nela, desculpábase por toda a atención mediática que estaba recibindo, na que a comparaban constantemente con Dietrich e iso atafegábaa. Ela estaba nos seus inicios no teatro e a música, mentres que Marlene Dietrich era xa unha  superestrela consagrada.

Segundo Ute, foi un incrible agasallo poder falar con  Dietrich: sobre a súa vida, o seu traballo, o seu estilo, o seu amor polo poeta (Rainer Maria) Rilke, a súa complicada relación con Alemaña, a súa tristeza e as súas múltiples fascinacións. Só 6  días antes da estrea de "The Blue Angel" en Berlín, onde Ute interpretaba a parte de Lola (o papel que converteu a Marlene nunha estrela en 1928), Marlene Dietrich morría en París.

Ute Lemper cóntanos a historia da lendaria Marlene Dietrich, cantando as súas fabulosas cancións, creadas nos distintos capítulos da súa vida. Desde o cabaret  berlinés até as súas lembradas colaboracións con Burt Bacharach, proponnos un percorrido que conecta pasado con presente, a través dunha viaxe musical polo amor, a paixón, a decadencia e o abandono. 

Como é habitual nos seus shows, non presenta un programa pechado para lle deixar espazo á improvisación. A alemá é unha besta escénica e pasea polas ruelas de París, Berlín, Bos Aires e Nova York sen despeitearse. Pode empezar en Alemaña con ese aroma a cabaret, pasa polo universo poético da chansón francesa, adéntrase nos recunchos do tango e acaba desembocando no punto de partida.

No seu repertorio, á parte das enormes cancións de Dietrich, pódese esperar un repaso a cancións emblemáticas de ilustres como Jacques Brel, Edith Piaf, Kurt  Weill, Astor Piazzola etc. 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión