Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Yo fui a EGB - La gira"

Eran moitos os que pedían un lugar de encontro, unha quedada, onde a música, os recordos e o bo ambiente fosen da man. E xa está aquí… "Yo fui a EGB - La gira"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/10/2019

Xa rematou

Horario:

19:00 h (apertura de portas 18:00 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

32,00 / 35,00 / 42,00 / 45,00 / 60,00 € (segundo a zona)

* Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o concerto deberán facelo con entrada.

Organiza:

Producciones Coruñesas SL

Sabemos que a música é fundamental para contaxiar o bo ambiente e as ganas de festa. Que non hai nada como escoitar esa canción que tanto nos gusta de sempre, sobre todo cando estás con amizades ou coa familia nunha xuntanza. Nas máis de catro horas que durará a quedada, desfilará unha mostra do mellor pop-rock dos anos 70 e 80, os seus protagonistas orixinais:

Danza Invisible, Seguridad Social, La Guardia, Miguel Costas, OBK, The Refrescos, Amistades Peligrosas... a quen se lles unirá o Dream Team, composto por José María Castells, Toni Peret e Quique Tejada - históricos artífices de discos como Max Mix, Bolero Mix, Eivissa Mix e Máquina total... que non deixarán que descansemos nin un segundo con música e imaxes que fará que soltemos algunha lagrimiña (películas, series, debuxos, anuncios... todo da nosa infancia).

Asistiremos a performances tributo a Queen, Dirty Dancing, Grease, Michael Jackson... E máis sorpresas nun evento presentado por Carlos Latre.

Sen dúbida será unha quedada con familiares e amigos onde gozar e dicir orgullosos: "Eu fun a EXB".

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión