Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de decembro de 2018

A Casa das Ciencias abre a mostra ‘Solarigrafía’, que reflicte o percorrido do sol por distintos puntos do planeta

O edil José Manuel Sande salienta o papel dos museos científicos da cidade no estímulo do coñecemento e a súa relación coas artes

A Casa das Ciencias acolle desde hoxe unha nova exposición, denominada Solarigrafía, que segue o rastro do sol a través de doce fotografías tiradas en diferentes latitudes da Terra. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na inauguración da mostra, que pode visitarse na planta baixa do museo. O edil resaltou o papel determinante dos museos científicos "tanto no estímulo ao coñecemento na cidade, especialmente en idades temperás, como a súa relación coas artes, que se materializa de novo nesta mostra e como acontece, por exemplos, co ciclo de música electrónica Vortex que se celebra no Planetario".

A exposición, que está comisariada polo fotógrafo Diego López Calvín, parte dun proxecto aberto que comeza no ano 2000, no que se combinan aspectos artísticos e tecnolóxicos para obter e compartir fotografías que mostran o percorrido do sol en distintas latitudes da Terra. O concepto da mostra foi impulsado polos fotógrafos Diego López Calvín, Slawomir Decyk e Pawel Kula. As imaxes obtéñense con cámaras estenopeicas cargadas con papel fotosensible que son expostas á luz durante longos períodos de tempo. A imaxe xérase por ennegrecemento directo no interior da cámara escura e produce un negativo de papel que, nunha segunda fase de traballo, é escaneado e tratado cun programa de edición de imaxe para obter o arquivo dixital. Deste xeito, as imaxes tenden unha ponte entre os comezos da fotografía do século XIX e as modernas técnicas dixitais do século XXI. Ao mesmo tempo, relacionan de forma directa a fotografía como medio de expresión coa astronomía, a meteoroloxía, a geo-localización, o coñecemento do medio ou a agricultura. As imaxes da exposición son obra de Diego López Calvin, Otto Roca, Jose Luiz Oubiña, X. Esteban Naves, Xiu Chaw, José Loredo, Maciej Zapior, Łukasz Fajfrowski e Tommy Dahl Markussen. A mostra estará aberta ata decembro de 2019.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión