Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xaneiro de 2019

A Casa de Cultura Salvador de Madariaga acolle desde mañá a exposición 'Emilio Urberuaga. Un paseo polo principio'

O concelleiro José Manuel Sande inaugurará ás 19.30 horas a mostra coa obra do Premio Nacional de Ilustración 2011, que se poderá visitar até o 17 de marzo

O concelleiro de Culturas, Deporte e Culturas, José Manuel Sande, participará mañá mércores, na Casa de Cultura Salvador de Madariaga, no acto de inauguración da exposición Emilio Urberuaga. Un paseo polo principio, unha exhibición que achega á veciñanza o traballo do recoñecido ilustrador, autor de obras de literatura infantil como Manolito Gafotas, e quen foi galardoado no ano 2011 co Premio Nacional de Ilustración. Tal e como destaca o edil, con esta obra inaugúrase unha nova etapa na Casa da Cultura, especializada en cómic e ilustración, "xa que abre a porta a grandes autoras e autoras de fóra de Galicia con exposicións monográficas". "Logo de facer fincapé nestes anos na visibilización das creadoras e creadores locais, representantes desa Coruña Gráfica ilustrada e de vangarda, ademais doutras figuras artísticas de Galicia, nesta etapa pretendemos afondar no coñecemento de grandes nomes deste sector, como é o caso de Urberuaga, autor de excelencia e que conta cun dominio magnífico das ferramentas do debuxo", sinala Sande.

A exposición, que se inaugurará mañá ás 19.30 horas, organízase arredor de 12 libros de Urberuaga, dos que se poderá observar unha selección de orixinais, ademais de maquetas ou bosquexos completos. A exhibición, que estará aberta até o 17  de marzo todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, tamén inclúe un espazo para a lectura no que se poderán consultar as obras do ilustrador.

Por outra banda, a partires do xoves 17 de xaneiro, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha exhibición da obra do coruñés Manuel Lubián. Na mostra, que se poderá visitar até o 10 de febreiro, o autor dará conta das súas pinturas e, especialmente, da súa obra escultórica, na que fusiona a técnica da cor coa beleza natural da madeira. Para máis información sobre esta e outras exposicións localizadas en espazos municipais, pódese consultar o web www.coruna.gal/cultura

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión