Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2019

A Coruña acollerá no 2020 o XXIV Congreso estatal de Astronomía, que terá como convidada principal á astrofísica Jocelyn Bell

O concelleiro José Manuel Sande presentou o evento, que conta coa colaboración do Concello e do Consorcio de Turismo e está impulsado pola agrupación astronómica Ío. O prazo de inscricións estará aberto dende o vindeiro mes de xuño.

A Coruña acollerá entre o 30 de abril e o 3 de maio de 2020 o XXIV Congreso estatal de Astronomía, que contará con astrofísica Jocelyn Bell como convidada. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación do encontro, impulsado pola agrupación astronómica coruñesa Ío e que conta coa colaboración do Concello, a través da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento e da rede de Museos Científicos, "dentro da vocación de excelencia, calidade e talento que vai vinculado ás institucións de carácter científico da cidade", e do Consorcio de Turismo. "A asociación lanza hoxe os primeiros elementos importantes para ir configurando un elemento de tal magnitude en 2020, como as datas clave, a presenza dunha convidada de excepción e detalles que van a enriquecer un dos eventos científicos dos vindeiros meses", indicou o edil, que estivo acompañado pola vicepresidenta da asociación e coordinadora do congreso, Carmen Álvarez, e pola xerenta do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud.

O congreso, que se celebra cada dous anos e que chega por primeira vez a Galicia, versará sobre igualdade, equidade e inclusión na ciencia. "Bell non só é unha estrela e unha persoa moi coñecida polos seus descubrimentos senón que é unha persoa que convida os valores que ten a asociación e o congreso. É unha case premio Nobel porque ela fixo un descubrimento, o recoñecemento dos púlsares, e ese descubrimento foi un motivo dun premio Nobel que lle deron ao seu director da tese, do equipo de investigación no que ela participaba", explicou Álvarez.

O período de inscrición para o congreso e para a presentación de comunicacións ou obradoiros para a súa avaliación por parte do comité científico do congreso estará aberto dende o 30 de xuño deste ano. Dentro das actividades paralelas do evento, a asociación organiza tamén un concurso de fotografía e debuxo sobre motivos astronómicos para o que se poderán presentar traballos entre o 1 de decembro de 2018 e o 28 de febreiro de 2020. O congreso terá lugar no edificio do reitorado da Universidade da Coruña na Maestranza.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión