Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2019

Fotógrafos da Natureza 2019, unha invitación á reflexión e toma de conciencia sobre os problemas ambientais

A Sala Isabel Castelo do Aquarium acolle desde hoxe ata o 31 de decembro as imaxes premiadas no concurso European Wildlife Photographer of the Year

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín,asistiu esta mañá no Aquarium á presentación da exposición Fotógrafos daNatureza 2019, que reúne as imaxes premiadas no concurso European WildlifePhotographer of the Year, organizado pola GDT (Sociedade Alemá de Fotógrafos daNatureza) desde o ano 2001.

As fotografías, que se poderán ver desde hoxe ata o31 de xaneiro na Sala Isabel Castelo, non só mostran a beleza do mundo naturalsenón que tamén "convidan á reflexión e á toma de conciencia sobre os problemasambientais que ameazan a integridade dos ecosistemas naturais", explicou o edil de Cultura.

Para Celemín, o terceiro museo científico da Coruña comparte plenamente oobxectivo desta exposición: "o acuario inaugurouse o 5 de xuño, Día Mundial doMedio Ambiente. Con esta coincidencia pretendíase destacar o compromiso destemuseo coa conservación do ambiente e os ecosistemas mariños". E quixo destacaro feito de que a Sala Isabel Castelo "é unha das poucas salas no ámbito nacionaldedicada en exclusiva ás fotografías de natureza".

Pola súa banda, o director técnico do Aquarium, Francisco Franco, explicou que este ano a exposición facíase coincidir co inicio do curso escolar para atraer oestudantado "respondendo deste xeito á vocación didáctica e divulgativa do museo"e fixo un percorrido pola mostra explicando as distintas temáticas dunhas imaxesque van desde as máis reivindicativas e de carácter xornalístico que denuncian a necesidade urxente de protexer e coidar o noso planeta, ata as máis poéticas e mesmo algunhas que parecen obras de arte abstracta.

O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo español Cristóbal Serrano, cunha imaxe aérea de flamencos ananos no Lago Bogoria. Ademais de Cristóbal Serrano, nesta edición do concurso foron finalistas 13 fotógrafos españois, 3 deles gañadores en tres categorías: Jaime Culebras coa mellor foto de Aves; David Frutos Egea, na categoría de Paisaxes; e Joan de la Malla gañador na sección Ser humano e natureza. "É, así, a edición con maior número de fotógrafos españois gañadores nalgunha das categorías", destacou o concelleiro.

A exposición completa contén 85 imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Plantas e fungos, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e Natureza, Forma e composición, Mellor fotógrafo/a menor de 14 anos, Mellor fotógrafo/a entre 15 e 17 anos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión