Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de outubro de 2019

Inés Rey destaca, na celebración do XV aniversario de Terra de Homes, o labor da activista Asha Ismail na súa loita por erradicar a mutilación xenital feminina

A alcaldesa asistiu esta tarde no Teatro Colón a celebración do décimo quinto aniversario da fundación humanitaria que rendeu unha homenaxe á activista Asha Ismail

A alcaldesa Inés Rey asistiu esta tarde no Teatro Colón á celebración do XV aniversario da Fundación Terra de Homes en Galicia que, co seu proxecto Viaxe cara á vida, ten salvado a vida de 105 menores operados en hospitais da comunidade galega. O acto, presentado por Lino Braxe, contou coa participación do Coro Cantabile e a escola de Danza Druída e serviu para  rendir unha homenaxe as voluntarias e aos voluntarios e as familias de acollida, auténticos alicerces da entidade humanitaria, e coñecer ademáis as distintas accións que a fundación leva a cabo.  

A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de entregarlle á activista Asha Ismail un galardón como recoñecemento ao importante labor a favor dos dereitos humanos que realiza á fronte da ONG Save a Girl, Save a Generation, en especial na súa loita por erradicar a mutilación xenital feminina, que ela mesmo sufriu, o sistema de dotes e o matrimonio forzado, que en moitos países de África aínda se mantén como un mal endémico.  

Inés Rey lembrou que "temos ante nós a unha muller loitadora, valente e decidida, que quixo e quere que ninguén máis pase por unha práctica tan cruel, pero que non queda aí e que denuncia un sistema como o de dotes e o matrimonio forzado porque entende que xa está ben de que decidan por nós, que somos libres e temos a capacidade para escoller o que nos plazca, sen estigmas que nos marquen para sempre". 

Ines Rey agradeceu a Terra de Homes "por facer que os que durmimos no lado amable deste planeta miremos cara abaixo e colaboremos, que poidamos formar parte de proxectos tan enriquecedores como o de Viaxe cara á Vida".  

"Unha iniciativa tan bonita permitiu e permite que na Coruña decenas de nenos póidanse operar de enfermidades imposibles de curar no seu lugar de orixe e contáxiennos coas súas ganas de vivir aos que nacemos con todas as facilidades", dixo durante o acto. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión