Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2019

O edil de Cultura asiste á presentación dos XXVIII Xogos Florais María Pita que este ano se dedican a Isabel Zendal

A gala de entrega dos premios terá lugar no Teatro Colón o 12 de decembro.

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, asistiu esta mañá á presentación dos XXVIII Xogos Florais da Orde de Cabaleiros de María Pita, que este ano se celebrarán en honra á enfermeira Isabel Zendal, xunto ao presidente da entidade, José Duarte.

O concelleiro expresou o apoio do Concello a unha iniciativa que "reivindica o papel da poesía e da historia da nosa cidade" e lembrou que o certame xa fora dedicado a figuras como Pablo Picasso, Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e, na última edición, á matemática María Wonenburger.

Os temas do concurso poético, cuxo xurado estará presidido pola poetisa Yolanda Castaño, deberán versar sobre a figura de Isabel Zendal e/ou o lema "Valentía e xenerosidade sen fronteiras". As composicións deberán ter un máximo de 100 versos e un mínimo de 32 e poderán presentarse tanto en galego como en castelán. Cada autor poderá concursar cun máximo de dúas obras e o prazo de entrega finaliza o 2 de decembro.

A gala de entrega dos premios terá lugar no Teatro Colón o 12 de decembro. Ademais do recital poético, na 2ª parte do acto participarán a Unidade de Música da Forza Loxística e as nenas e os nenos do colexio público Labarta-Posse de Baio, que farán unha representación da Real Expedición Filantrópica.

O acto contou tamén coa presenza de Dolores Estrada da Fundación San Rafael e Richard Huerta, director do Ibis Hotel e vicepresidente da Asociación empresarial de Hospedaxe da Coruña HOSPECO, entidades colaboradoras do certame.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión