Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2019

O Pazo de María Pita acolle ata o 19 de maio a exposición de fotografía de Chema Prado 'Vai e vem'

A mostra complétase co pase de dúas películas no Teatro Colón no marco de colaboración da Concellería de Culturas co CGAI na homenaxe ao que fora director da Filmoteca Española. A proxección de 'O ceo protector', que terá lugar o venres 22, contará coa presenza de Prado e o protagonista do filme, John Malkovich.

O Pazo de María Pita acolle dende hoxe a exposición de fotografías realizadas polo exdirector da Filmoteca Española Chema Prado titulada Vai e vem. A mostra está composta por imaxes relacionadas co mundo do cinema e que narran algunhas das lembranzas do que foi condutor da filmoteca durante preto de tres décadas. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, será o encargado de inaugurar esta tarde xunto ao autor a mostra, que se pode visitar na sala de exposicións do Pazo de María Pita ata 19 de maio.

A selección de fotografías de Prado, que leva por título Vai e vem en referencia á película de João César Monteiro, xira en torno a personaxes vinculadas ao cinema retratadas de maneira próxima e persoal por Prado e tamén sobre os lugares, cidades e arquitecturas. A exposición, que se pode visitar de luns a domingo en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, está reflectida nunha publicación con formato de caderno de postais que van enlazando lembranzas e evocando a importancia da viaxe.

A exposición complementa ao ciclo de películas organizado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) para homenaxear a traxectoria de Prado e na que colabora o Concello da Coruña a través da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento. Así, dúas sesións do ciclo terá lugar no Teatro Colón. O vindeiro venres 22, ás 20.30 horas, proxectarase O ceo protector, de Bernardo Bertolucci, que contará coa presentación de Chema Prado e do actor protagonista do mesmo, John Malkovich. O 26 de abril, no mesmo horario, o Teatro Colón acollerá o pase de Stop Making Sense, de Jonathan Demme. O acceso a ambos filmes será gratuíto ata completar o aforo.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión