Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2019

O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá esta fin de semana a Copa da Princesa de hóckey a patíns masculino

O alcalde, Xulio Ferreiro, presidirá mañá sábado pola mañá, no Pazo de María Pita, unha recepción aos equipos participantes

A Coruña acollerá este sábado 16 e  domingo 17 de febreiro a celebración da Copa da Princesa de hóckey a patíns masculino, que enfrontará aos catro equipos situados nos postos máis altos da clasificación ao remate da primeira volta da OK Liga Plata. Así, o Deportivo Liceo B exercerá de anfitrión nun torneo que se celebrará no Pazo dos Deportes e no que participarán o CH Mataró, CP Taradell e Corredor Mató CH Palafrugell. Durante a mañá do sábado, o Pazo de María Pita acollerá un acto de recepción e de presentación do trofeo, que contará coa participación do alcalde, Xulio Ferreiro.

Esta tarde, ás 20.45 horas, terá lugar o sorteo do cadro de enfrontamentos da competición. Ao día seguinte, na tarde do 16, celebraranse as dúas semifinais eliminatorias ás 18.00 e as 20.00 horas. Os clubs gañadores xogarán o domingo 17 a final do torneo, nun partido que comezará ás 12.00 horas. O abono para todo o campionato será de 5 euros, pero o acceso ao Pazo dos Deportes será gratuíto para as nenas e e nenos menores de 12 anos, así como para as socias e socios do Deportivo Liceo e do Real Club Deportivo da Coruña.

Para máis información sobre a Copa da Princesa e a competición Ok Liga Plata pódese visitar o web da Real Federación Española de Patinaxe, http://www.hockeypatines.fep.es/

Documentos:

Copa-da-Princesa-de-hockey-a-patins-masculino.pdf (4 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión