Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

Domus

Enderezo:

Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Como chegar:

Autobús: Liña 3 - Liña 3A - Liña 4 - Liña 6 - Liña 6A - Liña 7 - Liña 11 - Liña 17

Bicicoruña:

Teléfono:

981 189 840

Domus é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano, e o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses

O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

Exposicións

> MOCIDADE, CIENCIA, FUTURO

A exposición Xuventude, ciencia, futuro , que se presenta na Domus, contén un conxunto de vinte temas cuxo obxectivo é fomentar unha reflexión informada sobre a importancia que a investigación científica ten na nosa cultura, na nosa contorna e no futuro que desexamos construír.

> XOGO DE NEURONAS

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

> XENÉTICA

Investiga que é a enxeñería xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descobre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades dos visitantes arredor dun tema científico de continua actualidade.

> EVOLUCIÓN

Indaga se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e os investigadores de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

> MEDICINA PERSONALIZADA

Descubre como a ciencia do ADN está a cambiar a medicina. A Domus dedica unha área ás bases moleculares e xenéticas das enfermidades e dos seus tratamentos.

Espazos singulares

> LABORATORIO ABERTO

O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti. (Os talleres ata final de curso están completos).

> maker@domus

maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans. (Os talleres ata final de curso están completos).

Cinema 3D

O cinema 3D da Domus convídate a mergullarte nunha experiencia tridimensional, cunha imaxe brillante e nítida, na sala Leonardo da Vinci. O seu sistema 3D polarizado lineal ofrece a máxima calidade visual en tres dimensións, nun espazo equipado cunha pantalla de 80 m2 e 4000 watts de son con calidade dixital.

CARTELEIRA

> Todos os días

12:00, 13:00, 17:00, 18:00 e 19:00 Pequenos xigantes

Horario

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10:00 h a 18:00 h

Sábados, domingos e festivos: 11:00 h a 19:00 h

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10:00 h a 20:00 h

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h

24 de decembro: 10:00 h a 14:00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: 10:00 a 14:00 h

ENTRADAS

> Xeral: 2 euros. Cinema 3D: 4 euros

> Reducida: 1 euro*. Cinema 3D: 2 euros*

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación dun documento acreditativo; Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación dun documento acreditativo.

> Gratis

  • Os festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 8 de marzo)
  • Día da Ciencia na Rúa (5 de maio)
  • Día dos Museos (18 de maio)
  • Semana da Ciencia (do 12 ao 18 de novembro)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación di carné acreditativo
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantado da Universidade da Coruña, tras a presentación do carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini: 10 euros*

*Menores de 14 anos e maiores de 65

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (só un acceso por museo), para iso é necesario conservar o bono en perfecto estado.
  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI (no suposto dos/as menores de 14 anos, se dispoñen del) cada vez que se empreguen.

Calendario

Busca de eventos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?