Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

Museo de Arte Contemporánea da Fundación Naturgy

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Teléfono:

981 911 476

Páxina web:

http://www.fundacionnaturgy.org/mac/

Horario:

Martes a sábado de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:30 h. Domingo e festivos de 11:00 h. a 14:00 h.

Pechado todos os luns e os días 1 e 6 de xaneiro, 1 de maio e 24, 25 e 31 de decembro.

Quen somos

O Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Fundación Naturgy é un espazo multidisciplinar de cultura contemporánea, dinámico, flexible e aberto, que combina a actividade expositiva coa integración e participación cidadá, co fin de estimular a creación artística dentro de todos os ámbitos culturais.

Desde a súa inauguración en 1995, o MAC consolidouse non só como referente expositivo, senón tamén como un lugar de encontro para artistas, afeccionados e público en xeral, ofrecendo unha ampla programación de exposicións, ciclos de conferencias, cursos e talleres para escolares e para profesionais, programas de cinema, concertos... así como unha serie de programas de apoio aos artistas como a mostra, as residencias artísticas ou as bolsas de creación artística no estranxeiro.

En definitiva unha oferta de actividades variada, suxestiva e de calidade que pretende ser a expresión do compromiso da compañía coa educación, o benestar social, a cultura, a arte e a investigación, situándose como elemento diferenciador e xerador de identidade máis aló da actividade empresarial.

Dentro do recinto

O MAC dispón dun servizo de visitas guiadas, previa solicitude (981 178 786).

Para facer uso de cámara de vídeo ou fotográfica debe solicitarse permiso. Non está permitido o uso de flashes.

Non está permitido o acceso ao recinto portando alimentos ou bebidas.

Non está permitido fumar.

Directora-Xerente: Carmen Fernández Rivera

Acceso gratuíto

Transporte

Autobús urbano liñas 5 e 11

Aparcadoiro gratuíto

Calendario

Busca de eventos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?