Concello da Coruña

Concello da Coruña

Museo de Belas Artes

Enderezo:

Rúa Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 881 881 700

Fax:

+ (34) 881 881 701

Páxina web:

http://museobelasartescoruna.xunta.es

Horario:

Martes a venres de 10:00 h. a 20:00 h. Sábado de 10:00 h. a 14:00 h. e 16:30 h. a 20:00 h. Domingo de 10:00 h. a 14:00 h.

Prezo / Custo:

Entrada xeral: gratuíta temporalmente (2,40 € tarifa habitual)

Entrada reducida: gratuíta temporalmente (1,40 € tarifa habitual)

O Museo de Belas Artes é un dos espazos culturais máis destacados de Galicia. A súa actual sede, construída sobre as ruínas dun antigo convento do século XVIII, é o resultado dun proxecto deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, inaugurado en 1995 e gañador do Premio Nacional de Arquitectura en 1997.

TARIFAS

Entrada xeral: gratuíta temporalmente (2,40 € tarifa habitual)

Entrada reducida: gratuíta temporalmente (1,40 € tarifa temporal)

  • Titulares do carné Xove, carné de estudante, carné de estudante internacional.
  • Grupos culturais e educativos (previa solicitude)

Cota cero:

  • Sábado pola tarde e domingo todo o día.
  • Día Internacional dos Museos (18 de maio).
  • Menores de 18 anos e maiores de 65 ou xubilados.
  • Membros da Asociación Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña.
  • Visitas de persoas ou grupos por motivos profesionais, de estudo ou investigación (previa solicitude).

VISITAS GUIADAS ESCOLARES

Destinatarios: alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Itinerario: percorrido didáctico polas salas do Museo, adptado aos diferentes niveis educativos.

Duración da visita: 1 hora e 20 minutos (aproximadamente)

Prezo: gratuíto.

Grupos: mínimo 25 e máximo 50 alumnos.

Horario das visitas: martes a venres ás 10.00 h e ás 11.30 h.

Reserva:

SALAS E EXPOSICIÓNS

  • Sala A: mostra de gravados de Goya, coas catro series: Os Caprichos, Os Desastres da Guerra, Os Disparates e A Tauromaquia.
  • Sala B: acolle unha colección de cerámica de Sargadelos do século XIX.
  • Sala 1: móstranse cadros do século XVI, xunto a pintores do Renacemento español.
  • Sala 2: dedicada ao Barroco español.
  • Sala 3: expón obras do Barroco europeo de pintores de escola flamenca e tamén de escola holandesa.
  • Sala 4: acolle obras do século XVIII e XIX, amosando os diferentes estilos deses séculos, desde o Rococó ata o Realismo pasando polo Costumismo. Como pintores destacados podemos citar a Federico Madrazo, Dionisio Fierros Álvarez, Villaamil, Carlos de Haes, Aureliano de Beruete e Sorolla.
  • Sala 5: dedicada á pintura galega do XIX e XX.
  • Sala 6: dedicada á pintura galega do século XX, con obras do grupo dos Renovadores: Seoane, Laxeiro, Colmeiro, Maside etc, mais onde están tamén representados o Surrealismo e a arte abstracta.

DATOS DE INTERESE

Edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas, presenta numerosas obras procedentes do Museo do Prado, pintura española e europea do XVI ao XX, pintura galega do XIX e XX. Expón tamén unha ampla colección de gravados de Goya e pezas de cerámica de Sargadelos.

O Museo de Belas Artes creouse en 1942 a iniciativa dun nutrido grupo de artistas e intelectuais amantes da arte, aglutinados ao redor da Real Academia de Belas Artes da Coruña, e aberto ao público en 1947. O edificio que o albergaba, coñecido como Casa do Real Consulado do Mar (agora alberga a biblioteca do Consulado), é unha bela mostra do neoclasicismo do último cuarto do século XVIII. Do primitivo palacio consérvase hoxe a estrutura exterior, o patio e a escaleira; sufrindo o interior unha remodelación para adaptar as súas instalacións ás necesidades museográficas.

Multimedia

  • Visita virtual ao Museo de Belas Artes

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión