Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

  • Inicio
  • Inscrición para a cabalgata de Reis 2018

Folla de inscrición para os/as figurantes na cabalgata de Reis 2018

  1. Os/as figurantes menores de idade, sentados no tren número 3 e nas carrozas dos Reis Magos, deberán presentarse, co resgardo de inscrición, acompañados polo pai, nai ou titor/a, o día 5 de xaneiro ás 15:30 horas na entrada do Centro Cívico Municipal do Castrillón (praza de Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña), onde quedarán a cargo das persoas responsables da organización da Cabalgata de Reis 2018.
  2. Os/as figurantes menores de idade, sentados nos trens 1-2 e nas carrozas 1, 2, 3 e 4, deberán presentarse co resgardo de inscrición, acompañados polo pai, nai ou titor/a, o día 5 de xaneiro ás 15:30 horas na entrada do Colexio Juan Fernández Latorre (Avda. Casanova de Eirís, 26, 15009 A Coruña), onde quedarán a cargo das persoas responsables da organización da Cabalgata de Reis 2018.
  3. Os/as figurantes dos séquitos a pé, deberán presentarse, co resgardo de inscrición, acompañados polo pai, nai ou titor/a, o día 5 de xaneiro ás 15:30 horas na entrada do Centro Cívico do  Castrillón (praza de Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña), onde quedarán a cargo das persoas responsables da organización da Cabalgata de Reis 2018.
  4. Desde o momento de entrega ata a hora de inicio da cabalgata os/as figurantes permanecerán nas instalacións asignadas, onde se vestirán, maquillarán e realizarán actividades variadas para amenizar a espera ata a chegada das súas maxestades os Reis Magos de Oriente.
  5. Durante o percorrido os/as figurantes lanzarán caramelos e farán coreografías variadas.
  6. A duración do percorrido da Cabalgata de Reis 2018 será aproximadamente de 3 horas, e está prevista a chegada á praza de María Pita ás 20:30 horas.
  7. Unha vez finalizado o saúdo real, e SÓ ENTÓN, procederase á recollida dos/as figurantes menores polas persoas responsables, pai, nai ou titor/a, pola "porta" que corresponda, logo da previa comprobación das pulseiras identificativas de ambos.
  8. En NINGÚN CASO se poderá acceder ás zonas delimitadas pola organización na praza de María Pita para recoller a un/unha menor figurante con anterioridade á finalización do saúdo real.

Calendario

Busca de eventos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?