Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Convocatoria de Novas Prazas EDMs Curso 2020-21

AVISO LISTAXE DE AGARDA

O chamamento da listaxe de agarda nas actividades das EDM queda en suspenso en tanto as restricións impostas pola normativa sanitaria en materia de covid-19 non permitan aumentar o número de persoas e os aforos nas actividades deportivas.

COMEZO DAS NOVAS ACTIVIDADES/GRUPOS

As novas actividades comezarán a partir do 9 de novembro, tendo en conta o horario de cada unha.

Publícase a listaxe definitiva de solicitantes con dereito a matrícula por grupo para as Escolas Deportivas Municipais do curso 2020/2021

Lembramos que o numero de corte para establecer a orde foi o 0053 obtido no sorteo do día 26 de outubro, pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

Prazo e lugares de matrícula para todo o alumnado:

A partir das 08:00h do día 29 de outubro de 2020 e ata as 14:00h do 6 de novembro, acudindo as caixas da C.D. Riazor ou da C.D. Torre, con cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3) e en horario de 08:00 a 14:00 horas, así mesmo abrirase de maneira extraordinaria a caixa da C.D. Riazor os seguintes días: 

  • Venres 30 de outubro: de 17:00 a 21:00 horas
  • Luns 2 de novembro: de 17:00 a 21:00 horas
  • Mércores 4 novembro: de 17:00 a 21:00 horas

As persoas que o día 6 de novembro de 2020 non formalizaran a matrícula e non pagaran a taxa correspondente, entenderase que renuncian á praza e poderase chamar da listaxe de agarda.

As persoas con dereito a matrícula nas EDM do C.P.M. San Diego formalizaran as mesmas en devandito centro deportivo nos horarios da instalación mantendo o prazo do 29 de outubro ao 6 de novembro.

Documentación para matrícula:

  • Todos os solicitantes: Folla de solicitude de Nova Matrícula (traela cuberta da casa, pode descargala nesta ligazón ou no documento adxunto ao pé de páxina)
  • Menores de 14 anos: Fotocopia do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
  • A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopia do DNI e do DNI do pai/nai.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do D.N.I. do titor/a.
  • A partir dos 18 anos: Fotocopia do DNI

Data de comezo das actividades: A partir do 9 de novembro, tendo en conta o primeiro día de periodicidade

Ratio: Dada a situación sanitaria, se a data de comezo das actividades siguese mantendo a proporción 1 porfesor por cada 5 participantes, os grupos con máis de 5 persoas inscritas, alternaran os días de celebración, os cales se informarán o primeiro día de clase

Pode consultar as taxes para as EDM de novembro a xuño no seguinte cadro

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Menores de 18 anos Actividades en auga e seco 1 día - 16,23 €
2 días - 32,44 €
3 días - 48,27 €
Recuperación funcional 2 días - 60,34 €
3 días - 73,17 €
Entre 18 e 64 anos Actividades en auga e seco 1 día - 24,52 €
2 días - 49,04 €
3 días - 73,17 €
Recuperación funcional 2 días - 84,47 €
3 días - 107,87 €
Maiores de +65 anos Actividades en auga e seco 1 día - 4,52€
2 días -  9,05 €
3 días - 14,35 €
Recuperación funcional 2 días - 51,18 €
3 días - 64,02 €
Considérase a idade a 31 de decembro de 2020

26 DE OUTUBRO - SORTEO PÚBLICO

Pode consultar o resultado do sorteo correspondente ao sorteo público do número de corte, que terá lugar as 10:00h na seguinte ligazón, dito número e o que determinaran o corte a hora de formalizar a matrícula

Resultado do sorteo: nº 0053

As listaxes definitivas publicaranse o día 28 de outubro

21 DE OUTUBRO - LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITANTES

Pode consultalos nas seguintes ligazóns:

Prazo e forma de presentación de alegacións: os días 22 e 23 de outubro a través do correo electronico info@amartyasl.com ou do teléfono 981-184-200 na extensions 25037.

Nas alegacións non se aceptarán novas solicitudes nin se atenderá a outros datos mais que os consignados no formulario de solicitude.

- Sorteo Público: Nos supostos en que despois de aplicar o criterio de preferencia do empadroamento aínda existan máis solicitudes que prazas vacantes, celebrarase un sorteo público conforme ao procedemento que a continuación se describe:

  1. Atenderase ao número obtido na listaxe de solicitudes de preinscricións.
  1. Para establecer a orde de adxudicación sacarase un número empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/draw/new/number/ ou a través do procedemento de insaculación, neste caso, retirando un número para as unidades, outro para as decenas, outro para as centenas e outro para as unidades de millar.

O sorteo realizarase o día 26 de outubro ás 10:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.

O sorteo publicarse na páxina web da Concellaría de Deportes así como no Facebook da mesma concellaría.

- Listaxes definitivas: publicaranse o día 28 de oututbro as 15:00h.

As persoas que non obtiveron praza quedarán en lista de agarda. O chamamento das listaxe de agarda farase pola empresa que xestiona as Escolas Deportivas Municipais durante o mes de novembro de 2020

14 DE OUTUBRO - BASES DA CONVOCATORIA DAS EDM - CURSO 2020/21

Bases da convocatoria de renovación e novas matrículas das Escolas Deportivas Municipais (en diante EDM) do Servizo Municipal de Deportes (en diante SMD), redactadas segundo a normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades (aprobada pola Xunta de Goberno Local o 20 de xullo de 2007).

Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública pola que se ofertan á cidadanía as prazas libres nas actividades das Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2020-2021 que terán unha duración de novembro 2020 a xuño 2021, sempre que a situación sanitaria da Covid-19 o permita.

(EXTRACTO, pode consultar as bases completas nesta ligazón ou no documento adxunto ao pé de páxina)

- Datas de presentación de solicitudes de preinscrición: desde o 15 de outubro ás 08.00h ata as 14.00 h do 20 de outubro de 2020.

- Presentación de solicitudes de preinscrición: As solicitudes realizaranse unicamente en liña, cubrindo o seguinte formulario:

Tomarase como consideración a idade cumprida a 31 de decembro de 2020 á hora de establecer a selección de franxa de idade.

- Persoas destinatarias: Soamente poderán participar neste procedemento as persoas que non teñan xa concedido unha actividade nunha EDM, xa sexa do propio Concello ou de San Diego ou San Amaro. E xa se trate de persoas que tramitaron a súa renovación para actividades en seco ou que estean pendentes das renovacións da piscina municipal de Riazor.

No caso de que, no momento de formalizar a matrícula, se observe que as persoas son alumnos/as dunha EDM, perderán o dereito á praza que puideran obter nesta convocatoria.

As EDM están dirixidas, preferentemente, ás persoas empadroadas na cidade da Coruña.

- Número de cursos por persoa:  Inicialmente, soamente se poderá obter unha praza nesta convocatoria. No formulario de preinscrición poderanse elixir ata dúas opcións (por orde de preferencia) co fin de poder obter algunha delas.

As persoas que obteñan unha praza non quedarán en listaxe de agarda da outra opción.

Posteriormente, no caso de que queden prazas libres e unha vez chamado a listaxe de agarda (mes de novembro), as persoas que o desexen poderán obter unha praza de Oferta libre pagando a taxa correspondente e sen necesidade de participar en ningún procedemento.

- Listaxes provisionais: publicaranse o día 21 de outubro.

- Prazo e forma de presentación de alegacións: os días 22 e 23 de outubro a través do correo electronico info@amartyasl.com ou do teléfono 981-184-200 na extensions 25037.

Nas alegacións non se aceptarán novas solicitudes nin se atenderá a outros datos mais que os consignados no formulario de solicitude.

- Sorteo Público: Nos supostos en que despois de aplicar o criterio de preferencia do empadroamento aínda existan máis solicitudes que prazas vacantes, celebrarase un sorteo público conforme ao procedemento que a continuación se describe:

  1. Atenderase ao número obtido na listaxe de solicitudes de preinscricións.
  1. Para establecer a orde de adxudicación sacarase un número empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/draw/new/number/ ou a través do procedemento de insaculación, neste caso, retirando un número para as unidades, outro para as decenas, outro para as centenas e outro para as unidades de millar.

O sorteo realizarase o día 26 de outubro ás 10:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.

O sorteo publicarse na páxina web da Concellaría de Deportes así como no Facebook da mesma concellaría.

- Listaxes definitivas: publicaranse o día 28 de oututbro as 15:00h.

As persoas que non obtiveron praza quedarán en lista de agarda. O chamamento das listaxe de agarda farase pola empresa que xestiona as Escolas Deportivas Municipais durante o mes de novembro de 2020.

- Prazo e lugares de matrícula para todo o alumnado: A partir do día 29 de outubro de 2020, acudindo a calquera das caixas de Deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre ou polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa e en horario de 08:00 a 14:00 horas.

En todo caso, débese pagar a taxa antes de acudir á actividade.

As persoas que o día 6 de novembro de 2020 non formalizaran a matrícula e non pagaran a taxa correspondente, entenderase que renuncian á praza e poderase chamar da listaxe de agarda.

- Documentación para matrícula:

     - Menores de 14 anos: Fotocopia do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.

     - A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopia do DNI e do DNI do pai/nai.

     - Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do D.N.I. do titor/a.

De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, non se requirirán aos interesados datos ou documentos que fosen achegados anteriormente polo interesado a calquera Administración. A estes efectos, o interesado deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, debendo as Administracións Públicas solicitalos electrónicamente a través das súas redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto. Excepcionalmente, se as Administracións Públicas non puidesen solicitar os citados documentos, poderán solicitar novamente ao interesado a súa achega.

- Oferta Libre

A Concellaría de Deportes publicará na páxina web municipal (www.coruna.gal/deportes) a listaxe de prazas que puideran quedar libres logo de resolver esta convocatoria.

A publicación farase o día 1 de decembro de 2020, ás 14:00 horas, ata o día 31 de decembro de 2020.

Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, con preferencia para as persoas empadroadas na cidade da Coruña, sexan ou non alumnos/as das EDM.

Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que se xa se acadou este límite non se poderá solicitar unha praza da Oferta libre.

A limitación de dúas prazas está establecida en conxunto, entre as escolas xestionadas directamente polo Concello da Coruña, por C.P.M. San Diego e o Club do Mar de San Amaro.

CADRO DE PRAZAS DISPOÑIBLES - EDM do Curso 2019/2020

IDADE ACTIVIDADE PRAZAS
 6-8 ANOS 1100 AIKIDO 6-8 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MÉRCORES 18:00- 18:55 4
1210 IUDO 6-8 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR)  LUNS  18:00-18:55 2
2100 PATINAXE 6-8 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-ME   16:45-17:25 5
2200 PATINAXE 6-8 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-ME 17:30-18:10 2
3110 MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) MA-XO   17:00-17:55 8
3120 MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) MA-XO   18:00-18:55 5
3130 MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) MA-XO   19:00- 19:55 8
4100 XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LUNS 17:00-17:55 9
501 NATACIÓN SAN DIEGO 6-8 ANOS MA-XO 17:30-18:15 3
502 NATACIÓN SAN DIEGO 6-8 ANOS LU-ME 16:45-17:30 3
503 NATACIÓN SAN DIEGO 6-8 ANOS LU-ME 16:45-17:30 8
 9-11 ANOS 1220 IUDO 9-11 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-VE   19:00-19:55 2
5100 ATLETISMO 9-11 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-ME   18:00-18:55 5
3310 BADMINTON 9-11 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MA-XO  18:00-18:55 5
6000 ESGRIMA 9-11 DOUS DÍAS (CASA DA AUGA) LU-ME 18:00-18:55 7
3140 TENIS 9-11 (Pº NOVO MESOIRO) ME-VE 17:00-17:55 5
4200 XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LUNS 17:00-17:55 9
12-17 ANOS 7000 ESCALADA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) DOUS DÍAS MA-XO   19:00-19:55 3
3150 TENIS 12-17 (Pº NOVO MESOIRO) ME-VE 16:00-16:55 2
3160 TENIS 12-17 (RIAZOR) ME-VE 17:00-17:55 4
3210 PADEL 12-17 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) LU-ME  18:00-18:55 5
3220 PADEL 12-17 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) MA-XO  18:00-18:55 6
508 NATACIÓN SAN DIEGO 12-17 ANOS MA-XO 17:30-18:15 3
509 NATACIÓN SAN DIEGO 12-17 ANOS LU-ME 17:30-18:15 6
511 NATACIÓN INICIACIÓN SAN DIEGO 12-17 ANOS LU-ME 17:30-18:15 6
+ 18 ANOS 8100 MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº BARRIO FLORES) LU-ME-VE  20:30-21:25 5
8200 MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº BARRIO FLORES) LU-ME-VE  21:30-22:25 5
3230 PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) LU-ME  16:00-16:55 4
3240 PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) LU-ME  17:00-17:55 5
3250 PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) MA-XO  16:00-16:55 5
3260 PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) MA-XO  17:00-17:55 4
3270 PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) MA-XO  19:00-19:55 4
3320 BÁDMINTON +18 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MA-XOV 08:00-08:55 9
3330 BÁDMINTON +18 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA TORRE) MA-XOV 12:00-12:55 9
400 BAILE DEPORTIVO +18 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-ME 16:00-16:55 * 9
100 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-MER 08:00-08:40 9
110 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-MER 10:15-10:55 9
120 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-MER 11:00-11:40 9
150 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MA-XOV 08:00-08:40 9
160 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MA-XOV 08:45-09:25 9
170 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MA-XOV 11:00-11:40 9
180 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MA-XOV 11:45-12:25 9
190 ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) MA-XOV 12:30-13:10 9
3170 TENIS +18 (POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO) LU - VEN 10:00-10:55 8
210 YOGA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-ME 08:00-08:55 9
220 YOGA (CIDADE DEPORTIVA TORRE) MA-XOV 09:15-10:10 9
320 PILATES +18 DOUS DÍAS  (POLIDEPORTIVO ROSALES) LU-ME 09:30-10:25 9
330 PILATES +18 DOUS DÍAS  (POLIDEPORTIVO ROSALES) MA-XOV 8:00-8:55 9
250 YOGA +18 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA ROSALES) LU-ME 10:30-11:25 9
9100 MARCHA NÓRDICA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU  09:00-09:55 9
9200 MARCHA NÓRDICA +18 (C.D. TORRE) XOV  09:00-09:55 9
9300 MARCHA NÓRDICA +18 (POLIDEPORTIVO Bº FLORES) MA  09:00-09:55 9
512 NATACIÓN SAN DIEGO +18 ANOS LU-ME 08:45-09:30 5
513 NATACIÓN SAN DIEGO +18 ANOS MA-XO 11:00-11:45 5
514 NATACIÓN PERFECCIONAMENTO SAN DIEGO +18 ANOS MA-XO 10:15-11:00 2
515 NATACIÓN PERFECCIONAMENTO SAN DIEGO +18 ANOS MA-XO 11:45-12:30 5
+60 ANOS 340 PILATES +60 DOS DÍA (POLIDEPORTIVO ROSALES) MA-XOV 12:30-13:30 9
350 PILATES +60 DOUS DÍAS (POLIDEPORTIVO ROSALES) MA-XOV 11:30-12:30 9
260 YOGA +60 DOUS DÍA (POLIDEPORTIVO ROSALES) LU-ME 11:30-12:30 9
300 PILATES +60 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA TORRE) MA-XOV 12:00-13:00 9
230 YOGA +60 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) LU-ME 09:00-10:00 9
240 YOGA +60 (CIDADE DEPORTIVA TORRE) MA-XO 10:15-11:00 9
9400 MARCHA NÓRDICA +60 (C.D.RIAZOR)  LU  10:00-11:00 9
9500 MARCHA NÓRDICA +60 (C.D TORRE)  XOV  10:00-11:00 9
9600 MARCHA NÓRDICA +60 (P.BARRIO FLORES) MA  10:00-11:00 9
518 NATACIÓN SAN DIEGO +70 ANOS LU-ME 11:45-12:30 2
522 NATACIÓN SAN DIEGO +70 ANOS LU-ME 12:00-12:45 6
523 NATACIÓN SAN DIEGO +70 ANOS LU-ME 10:15-11:00 5
524 NATACIÓN PERFECCIONAMENTO SAN DIEGO +70 ANOS MA-XO 11:00-11:45 2
TOTAL PRAZAS 261

Corrección de erros na convocatoria:

O horario da actividade BAILE DEPORTIVO +18 DOUS DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR), co codigo de actividade 400, figura nas bases da convocatoria  LU-VE 16:00-16:55, sendo o correcto LU-ME 16:00-16:55

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión