Concello da Coruña

Concello da Coruña

Abrirase do 17 ao 21 de xuño un prazo extraordinario para solicitar praza na REIM

Cando:

12 de xuño de 2019

Unha vez finalizado o prazo formal de matrícula, abrirase un prazo extraordinario para recoller novas solicitudes

A solicitudes cubriranse en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020". Unha vez cuberta a ficha, o sistema elabora un documento PDF que conterá unha copia da solicitude e que enviará ao correo electrónico facilitado. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar na escola dentro do prazo extraordinario.

Non se considerará efectuada a solicitude en tanto non se presente na escola. Presentarase unha única solicitude nunha das dúas escolas que elixan na ficha específica. Só se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas. A presentación da solicitude implica a aceptación das instrucións da convocatoria.

O prazo extraordinario segue os mesmos criterios recollidos nas instrucións do proceso de admisión 2019-2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión