Concello da Coruña

Concello da Coruña

O 25 e 26 de xuño regresan as 10 persoas participantes no programa de bolsas FP Acoreuropa VIII

Cando:

25 de xuño de 2019

Ao termo da súa estadía de 3 meses de prácticas en empresas de Cork, Padua e Viena regresan a A Coruña os/as 10 participantes do programa, titulados de ciclos formativos de grao superior: o 25 de xuño os dous bolseiros/as de Burdeos, e o 26 os tres bolseiros/as de Cork, os tres de Viena e os dous de Padua

Estas son algunhas das súas impresións sobre a súa experiencia antes de regresar:

"A experiencia permitiume experimentar diferentes cambios a varios niveis: persoal, profesional e cultural (Cork). En todos eles estou moi contento por todo o aprendido, polo que valoro a experiencia positivamente". 

"A miña experiencia en Bordeus foi moi satisfactoria en canto ao persoal e profesional. Mellorei en moitos aspectos persoais como a inseguridade á hora de falar un idioma estranxeiro. En canto ao profesional, desenvolvín tarefas de Visual Merchandiser e escaparatista, aprendendo moito. Sen dúbida foi unha boa experiencia".

"A miña experiencia de Erasmus é estupenda (Bordeus). Na casa hai un ambiente moi bo, é fenomenal. Na empresa é xenial, a dona vaise xubilar e está a liquidar todo, así que hai moito traballo de finalización de pezas, últimos retoques... Díxome que lle encantaría que me quedase o último mes, pero que coa liquidación non me pode ofrecer un contrato. A verdade é que me dá moita pena porque estou a aprender moito. En fin... acábase, pero levo unha experiencia única!"

"Estou moi contenta de como está a transcorrer a miña experiencia. En canto ás prácticas, estou moi agradecida e estou completamente satisfeita. Por outra banda, a cidade (Viena) en si paréceme perfecta para vivir, non me importaría quedar por moito tempo máis. Por suposto coñecín a moita xente nova e fixen bos amigos, é unha cidade con moitos estudantes e xente nova. Só espero que todo siga así e seguir vivindo novas experiencias á vez que aprendendo".

"A miña experiencia foi moi boa tanto a nivel persoal como a nivel profesional, aprendín italiano e moitas cousas relacionadas coa informática, ademais, coñecín a moita xente e puiden viaxar a moitas outras cidades. Estou moi contento de vir aquí ( Padua)".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión