Concello da Coruña

Concello da Coruña

O alumnado do CEIP José Cornide Saavedra protagoniza a visita catro millóns da Casa das Ciencias

Cando:

22 de outubro de 2019

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, acudiu á entrada ao museo da cativada que terá como agasallo unha visita ao Aquarium, na que lles poderán dar de comer ás focas

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, foi testemuña esta mañá da visita catro millóns á Casa das Ciencias, protagonizada polo alumnado de quinto e sexto de Primaria do CEIP José Cornide Saavedra, da Sardiñeira. O edil manifestou que este tipo de actos son proba do traballo de anos do seu cadro de persoal e do resto de centros que achegan na cidade a ciencia e o coñecemento dunha forma lúdica e didáctica ao mesmo tempo.

Pola súa parte, o director dos Museos Científicos, Marcos Pérez, sinalou que "hoxe cumprimos este fito, que é un número redondo e que nos axuda a pensar sobre a importancia deste museo na Coruña e en Galicia". Como agasallo, o persoal responsable do edificio pensou para eles unha visita especial ao Aquarium, dada a súa idade e intereses, onde as nenas e os nenos poderán darlles de comer ás focas: "Unha experiencia fermosa porque subirán ás plataformas dos acuaristas para levarlles un alimento que elaborarán elas e eles previamente".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión