Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello despide o alumnado con bolsas para estudar neste curso nos EE.UU.

Cando:

6 de agosto de 2019

A alcaldesa Inés Rey animounos a gozar dunha estancia que lles permitirá medrar no académico e como persoas

A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, despediron esta mañá no salón de plenos as e os 60 alumnos que partirán este mes a Estados Unidos dentro do programa educativo municipal da Coruña: "Bolsas de Estudos Junior Year 2019-2020. 1º de Bacharelato en EE.UU", un programa que convocou o Concello a través de Servizos Sociais e que permitirá que o alumnado da 4º da ESO estude alí o Grao 11, equivalente a 1º de Bacharelato, ademais de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento doutra cultura.

A rexedora explicoulles ás bolseiras e aos bolseiros no acto que o que se lles presenta é unha experiencia vital "que sempre recordaredes", na que non só medrarán en coñecementos, tamén como persoas aprendendo a convivir con outra familia e valorando todo o que queda aquí. Animounos, polo tanto, a que gozasen desta oportunidade tanto no académico como a nivel persoal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión