Concello da Coruña

Concello da Coruña

Hoxe finaliza o prazo para solicitar cambios na planificación de visitas da Coruña de Aventura

Cando:

3 de decembro de 2019

O xoves 12 de decembro elevaranse a definitivas as asignacións de días

Este martes 3 de decembro é o último día para que os centros educativos consulten a planificación provisional de visitas escolares da Coruña de Aventura e comuniquen calquera desconformidade coas datas asignadas. En caso de non facelo, enténdense que as datas provisionais son adecuadas. En base a iso, o xoves 12 de decembro elevaranse a definitivas.

Comunicarase por correo electrónico

Ese día, o Servizo Municipal de Educación (SME) enviará a todos os centros un correo electrónico coas asignacións definitivas de datas para as visitas solicitadas. Este documento será o de referencia para as entidades, os centros e o SME ao longo do programa. Os centros deben de comprobar que recibiron o correo e estar atentos ao calendario.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión