Concello da Coruña

Concello da Coruña

A inscrición en Listen and Speak abrirase o martes 3 de setembro

Cando:

2 de setembro de 2019

Poderase acceder á ficha de solicitude específica, tanto de Primaria como de Secundaria, a partir das 10:00 horas

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. As listas de persoas admitidas provisionais en Listen and Speak Primaria 2020-21 publicaranse o luns 23 de setembro, en primeira rolda, e o martes 15 de outubro, en segunda.

No caso de  Listen and Speak Secundaria 2020-21 , a lista de admitidas/os provisional publicarase o día 8 de outubro para a primeira rolda, e o 28 de outubro para a segunda rolda.

Lista de espera

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedaren prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha lista de espera.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión