Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Rede de Escolas Infantís Municipais dispón de 12 prazas vacantes para o curso 2019-2020

Cando:

24 de setembro de 2019

A solicitude debe realizarse en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020"

A Rede de Escolas Infantís Municipais dispón, a día 12 de setembro, de 12 prazas vacantes para o curso 2019-2020.

As prazas que se ofertan son para os/as nacidos/as en 2019. En concreto, a EIM A Caracola dispón de 7 prazas, a EIM Os Cativos de 3 e a EIM Os Rosales 2.

Solicitude

A solicitude débese realizar en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020".

Unha vez cuberta a ficha, o sistema elabora un documento PDF que conterá unha copia da solicitude e que enviará ao correo electrónico facilitado. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar na escola, Non se considerará efectuada a solicitude en tanto non se presente na escola. Presentarase unha única solicitude nunha das dúas escolas que elixan na ficha específica. Só se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas. A presentación da solicitude implica a aceptación das instrucións da convocatoria.

Consulta toda a información do proceso de admisión na REIM.

Documentos relacionados

  • Prazas vacantes REIM, 24 de setembro de 2019 (501 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión