Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello recibe o alumnado coas cualificacións máis altas das pasadas probas Abau

Cando:

9 de xullo de 2019

A alcaldesa Inés Rey animou o alumnado a seguir formándose no que lles gusta e no que crean para verter todo ese talento nun futuro na cidade

O Concello recibiu esta mañá o alumnado que obtivo unha maior cualificación nas probas Abau de 2019, que foi recibido pola alcaldesa Inés Rey e polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín. O acto realizouse no salón de plenos onde foron agasalladas/os cunha bandexa coa Torre de Hércules gravada.

As/os estudantes Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; Carmen Cadahía Veira, do IES Plurilingüe Rafael Dieste; Alfredo Chavert Sancho, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; María Aurora Delgado López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Álvaro González López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Olalla Maceiras Outeda, do CPR Eirís; Laura Pérez Pardo, do CPR Plurilingüe Compañía de María; Sara Pérez Mancebo, do CPR Plurilingüe Cristo Rey; Pedro Piñeiro Otero, do CPR Plurilingüe Cristo Rey; Álvaro Romero Martín, do CPR Plurilingüe Compañía de María; e Iago Sánchez Fariñas, do CPR Eirís, acudiron ao Concello e intercambiaron palabras coa rexidora que as/os animou a que seguiran estudando o que lles guste e no que cren e que a ser posible verteran ese talento nun futuro na cidade.

Rey valorou o seu esforzo e o das súas familias "porque non está de máis que alguén o felicite" e dixo estar orgullosa en nome da Corporación municipal do exemplo que dan.

A alcaldesa convidounas/os a que elixiran un camiño que as/os motive e "no que vos sintades cómodas/os" cunha formación sen présas xa sexa na Coruña ou fóra da cidade, pero que, en todo caso, desfrutasen da etapa adulta que comezan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión